viernes, 24 de diciembre de 2010

Bo Nadal

Felices festas a todos!, espero que a pesar das crisis, as desgracias, o frio, a neve e todo iso que as veces nos amarga a vida, hoxe sexa un dia de felicidade coa xente que vos quere. Lembrade que o mellor da vida non se consigue con diñeiro... desfrutade moito, moito...



Unha aperta!


Anxo

jueves, 2 de diciembre de 2010

Novo modelo. Edificio Caixa Galícia.

Por fin rematei o modelo do edificio de Caixa Galicia na praza de España de Ferrol. Este edificio, xunto co edificio "Hollywood", a Biblioteca e o "Edificio Criado" (ainda por modelar) forman e debuxan o skyline máis característico e recoñecible de Ferrol.


O edificio de Caixa Galicia, antigo edificio da Caixa de Aforros e Monte de Piedade de Ferrol, foi deseñado polo arquitecto Nemesio López Rodríguez e construido en dúas fases. A primeira cara a rua Galiano en 1941 e a segunda cara a rúa María en 1951. O edificio albergou ademáis o Sanatorio "San Javier" que foi tamén Casa de Socorro. Actualmente pertence á Novacaixagalicia, a caixa resultante da fusión de Caixa Galicia e Caixanova, polo que o característico luminoso que remata o edificio probablemente desaparecerá nun futuro próximo, privando ao conxunto dun dos seus elementos característicos.

O modelo é un dos máis pormenorizados que elaborei ata o de agora, xa que tódalas fiestras están modeladas e ten multitude de detalles.


Enlace á galería 3D: Edificio Caixa Galicia

Probáblemente precise dalgunhas correccións que realizarei máis adiante, sobre todo na escala da torre do reloxio, pero polo de agora creo que o resultado é bastante aceptable así que dou o modelo por rematado. Déixovos agora unhas cantas imaxes do modelo para non perder o costume. Xa notaríades que modifiquei un pouco o deseño do blog para poder poñer imaxes máis grandes... 






Boeno, e ata aquí chega polo de agora. Agardo que sexa do voso agrado e espero voltar pronto con máis cousas.

Saudos a todos! ;)


Anxo

miércoles, 1 de diciembre de 2010

Avances co novo modelo. Edificio Caixa Galicia

Aquí traio uns poucos avances co modelo do Edificio Caixa Galicia. Estou aplicando texturas, e tamén podedes observar que estou dando bastante detalle ás fiestras, a ver se ao final o modelo non é moi pesado. Deixovos un par de imaxes para que vexades o progreso.



Polo de agora nada máis, espero voltar pronto co modelo xa rematado.

Saudos ;)

Anxo

lunes, 29 de noviembre de 2010

Preparando un novo modelo.


Teño un novo modelo no forno... O edificio de Caixa Galicia, un dos máis carcterísticos da Praza de España en Ferrol. Polo de agora hai pouca cousa, só unha tosca aproximación de volumes que podedes ver na seguinte imaxe en comparación co resto de edificios do entorno xa modelados.


Polo de agora pouco máis, voltarei pronto con máis avances!

Un saudo ;)

Anxo

domingo, 28 de noviembre de 2010

Novo modelo. A Biblioteca Central de Ferrol

A Biblioteca Municipal Central de Ferrol está situada no antigo edificio do Banco de España construido no ano 1946 e diseñado polo arquitecto José Yarnoz Larrosa. Situado no nº 2 da Praza de España o edificio pasa a ser propiedade municipal no ano 1982 sendo en 1990 cando se traslada a el a Biblioteca Municipal, que antígamente ocupaba un espacio no 2º andar do Palacio do Concello. 


No periodo 2001-2006 o edificio foi remodelado na súa totalidade según un proxecto do arquitecto Juan Antonio Vidal Romaní que reorganizaría todo o espacio interior do inmoble e aproveitaría na súa totalidade os 2.700 metros cadrados de superficie dos que dispón. Ademais engadiuse o lucernario piramidal sobre o espacio central da Biblioteca que a indentifica claramente dende o exterior.


No semisoto atópase a Sala de Exposicións e o depósito de libros, espazo que anteriormente albergaba o Museo Municipal Bello Piñeiro que posteriormente sería trasladado ao Centro Cultural Torrente Ballester por mor da rehabilitación da Biblioteca.

O modelo non resultou excesivamente complicado, se ben as fotografías que utilicei para as texturas da fachada precisaron de bastante traballo en Photoshop.



E xa para rematar, unhas cantas imaxes do modelo acompañado desta vez polo seu veciño, o Edificio Hollywood:





Agardo que vos guste, ...

Un saudo! ;)

Anxo

viernes, 26 de noviembre de 2010

O 3D nos medios

Con todo este asunto das nominacións a Supermodelador e as votacións, o asúnto do 3D esta adquirindo niveles mediáticos que eu polo menos non esperaba. Si fai uns meses fixen a miñai primeira aparición en prensa, éstes días atrás repetín aparición por éste motivo na edición local de Ferrol da Voz de Galicia, pouco despois aparecín polo mesmo asunto no periódico da miña cidade, o Diario de Ferrol (e por sorte ésta vez puiden escoller eu a foto... :P ):


Pero o máis incrible é que me chamaron para facerme unha entrevista en Onda Cero Radio, tal e como vos comentei éstes días atrás. A entrevista foi a través de teléfono, xa que non puiden trasladarme aos estudios en Santiago, e durou apenas 5 mins... pero boeno, penso que a pesar do nerviosismo a cousa non foi mal de todo, e tal e como prometín, aquí a tedes:


Non deu para moito, así que sede benévolos coas vosas críticas... :)

Temos que dicir que non son o único o único que chamou a atención da prensa, Alsomar tivo tamén a súa ración mediática, con entrevista no Diario de Levante e tamén na radio (moito mellor ca miña, todo hai que dicilo... jejeje). E xa fora do asunto das eleccións a Supermodelador, hai máis modeladores que son noticia, como Aarmesto, que saiu recentemente en "La Región" de Ourense pola súa participación na feira tecnolóxica Galiciencia.

Penso que para unha xente que fai o que facemos de feito altruísta e desinteresado non está nada mal non??...

Un saudo a todos e graciñas!! ;)

Anxo

miércoles, 24 de noviembre de 2010

O día "3D na radio"



O xoves 25 de Novembro de 2010 estade atentos ás vosas emisoras de radio!!!:

Ás 12:30 h. na Cadena COPE de Valencia, entrevista a Alsomar.
(25/11/10): Ao final a entrevista emitíuse por OM (onda media) para a cidade de Valencia e non se puido seguir por ese enlace, pero poderedes atopala no blog de Alsomar. 

E ás 18:30 h. 19:05 en Onda Cero Galicia, entrevista a Trasancos, aquí un servidor.
(25/11/10): A entrevista é hoxe día 25 e emítese ás 19:05

Eu aínda non o creo, e estou en estado de shock, tanto que ainda non teño moi claro se a miña entrevista vaise emitir en directo ou non, intentarei avisar con tempo si podo. Creo que todo isto da nominación a supermodelador está acadando unha relevancia que non esperaba nin en soños, (ao meu humilde parecer incluso esaxerada)... :P

Si meto a pata con algo non mo botedes en cara, que isto dos medios non é o meu, pero intentarei estar a altura ... :)

Saudos e moitas grazas!, porque isto é resultado do voso apoio... ;)

Anxo