Mostrando entradas con la etiqueta Castelo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Castelo. Mostrar todas las entradas

martes, 31 de agosto de 2010

Novo modelo actualizado. O Castelo de San Felipe.

Como vos comentaba na publicación anterior, o problema co servidor API foi solucionado, e finalmente puiden actualizar o antigo modelo do Castelo de San Felipe que tiña en espera. Así que como xa publiquei sobre o dito modelo en cuestión, pouco direi sobre o mesmo que non teña dito xa. Modelo anticuado que necesitaba urxentemente unha actualización e que ao final realicei bastante sastifactóriamente, polo menos ao meu parecer, jeje.

Sen máis preámbulos, aquí vos deixo o modelo e algúnhas imaxes:


Enlace na Galería 3D: Castelo de San Felipe

E agora un par de imaxes co modelo en GE:




Bueno, ao final foron 3, ... :P

Espero que vos guste o modelo, estou bastante satisfeito con el e agardo que o sentimento sexa compartido e que o desfrutedes.

Saudos a todos! ;)

Anxo

Modelo actualizado. Castelo de San Felipe. (esperando)

Ola a todos,

Recéntemente realicei unha actualización bastante importante dun dos meus primeiros modelos na Galería 3D, o Castelo de San Felipe.


Era un modelo bastante antigo que pedía a gritos ser mellorado, así que me puxen mans á obra intentando poñelo ao nivel do resto de modelos que fixen últimamente. Para que podades comparar, o estado do modelo orixinal era este:



Podedes ver que carecía completamente de texturas fotográficas, e os volumes eran simplemente aproximados e bastante toscos, (nótase a inexperiencia daqueles primeiros modelos, jejeje)



Despois dunhas cantas horas de traballo e remodelado creo que o resultado final mereceu a pena. O modelo é bastante grande e resultou un pouco máis laborioso do que pensaba nun principio, xa que prácticamente houbo que refacer todo e crear e aplicar texturas novas, pero finalmente aquí tedes unha mostra do resultado:





Como xa vos comentei, hai un problema co servidor API de Google Maps que non me permite subir novos modelos á galería 3D, nin actualizar tampouco modelos antigos. Así que estas imaxes son o único que vos podo mostrar do modelo polo de agora.





E ata aquí todo polo de agora. Espero que se solucione pronto o problema co servidor de Google e así poder publicar o modelo como se merece, xa que resulta bastante frustrante non poder compartir este traballo con todo o mundo tal e como me gustaría.

Saudos ;)


Anxo

martes, 13 de abril de 2010

O Castelo de Andrade

foto: Victor M. Galdón

Un pouco de historia:
O Castelo de Andrade está situado no concello de Pontedeume, provincia da Coruña. Máis concretamente na parroquia de Nogueirosa, polo que tamén é coñecido como Torre de Nogueirosa. A orixe do castelo está moi ligada ao Conde de Andrade, Fernán Pérez (O Bó) que ordenou a súa construcción en 1369. No século XV foi un importante posto defensivo durante as guerras Irmandiñas tras as que quedou case completamente destruido. Conta a historia que durante estas revoltas foi atacado por Alonso de Lanzós. Apresado este xunto aos seus seguidores e trasladado aos subterráneos do castelo onde pereceu. Conta a lenda que despois de 100 días preso nunha escura mazmorra sen ver a luz do día foi enterrado vivo, de pe e no interior dun muro de 3 metros de espesor, despois de amputarlle a man dereita como ao resto dos xefes irmandiños apresados... cousas da Idade Media, que eran así de brutiños. Se queredes saber algo máis da historia deste castelo:
Castillo de los Andrade (en español)



foto: Victor M. Galdón

O modelo:
Fixen a primeira versión deste modelo aló por Agosto do 2007, pero por diferentes razóns (que daquela descoñecía) o modelo non puido formar parte da capa 3D. Finalmente e tras unha revisión e unha segunda versión o modelo foi aceptado permanecendo ata agora visible en Google Earth. A última versíón do modelo podedes atopala aquí. Foi un dos primeiro modelos que realicei nos que tamén creei parte do terreno para poder adaptar mellor a topografía e facela máis aproximada á realidade. Tamén é o primeiro modelo no que incluín unha árbore, que neste caso foi este modelo de dandis. É un dos meus modelos máis populares, e o que está incluido nun maior número de coleccións... :)





A continuación tedes unhas cantas imaxes de como loce o modelo no seu entorno: ...