Mostrando entradas con la etiqueta Caranza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Caranza. Mostrar todas las entradas

miércoles, 16 de marzo de 2011

Novo modelo. O Auditorio Municipal de Ferrol

Despois dun tempiño sin novos modelos, aquí estou de novo cun traballo recén sacado do forno. Desta vez tocoulle ao recén construido Auditorio Municipal de Ferrol.


O edificio construido no barrio de Caranza, esta rematado dende fai pouco tempo, aínda que certas tirantences entre o goberno municipal e a Xunta de Galicia están facendo que a inauguración se retrase... seguramente agardando polas eleccións que están á volta da esquina.


De calquera xeito decidín realizar o modelo, non se bastantes dificultades. A principal delas foi que as imaxes de satélite de Ferrol que aparecen en Google Earth datan do ano 2006, e daquela o único apreciable no solar que agora ocupa o auditorio eran os buratos para a cimentación do edificio e algún que outro movemento de terra. 


Non sei a que agardan an Google para actualizar as imaxes da zona, xa que nos arredores si o fan. Parece que Ferrol está nunha extraña "illa da desactualización" e quedouse estancado no tempo, polo menos en Google Earth. Visto o visto, tirei de outras fontes de información que resultaron estar máis actualizadas, e por ahí fun tirando. 

O auditorio está situado na Avda. de Telleiras xunto ao Conservatorio de Música e foi proxectado por Patricia Alonso Alonso e por Javier López Rivadulla, O edificio conta cunha sala con capacidade para 900 persoas e esta recuberto exteriormente de pizarra verde e vidro. Aquí tedes o modelo e o enlace na Galería 3D:


Enlace na Galería 3D: Auditorio de Ferrol

Usei o Artlantis para tomar unhas imaxes renderizadas do modelo que tamén vos deixo para que as vexades:






E ademais, non podían faltar as imaxes de costume do modelo e o seu entorno tal e como podedes velo en Google Earth. Como poderedes apreciar foi necesaria unha modificación importante do terreno ao redor do modelo en si, debido ao que mencionaba antes sobre a antiguidade das imaxes de satélite:





E isto e todo polo de agora. 

Saudos a todos e graciñas por seguir por ahí! ;)

Anxo



viernes, 16 de julio de 2010

Novo Modelo. Edificio da Cooperativa San Valentín de Astano en Caranza.


Este edificio situado na avenida de Castelao do barrio ferrolán de Caranza foi construido pola Cooperativa San Valentín para as vivendas dos traballadores do antigo Astano, estaleiro situado no concello veciño de Fene e que foi absorvido polos actuais estaleiros de Navantia.

O modelo inclue os baixos comerciais, que funcionan a modo de podio e onde as imaxes que puiden conseguir para as texturas deixan un pouco que desexar, polo que non descarto futuras actualizacións para mellorar ese aspecto. Sobre os baixos hai unha terraza elevada de servicio privado para os residentes da torre. Tamén se inclue algo da vexetación circundante e a entrada aos garaxes pola parte posterior.


E agora as acostumadas imaxes do modelo no seu entorno inmediato...








... como sempre, espero que sexa do voso agrado. Aproveito para dicir que xa teño uns cantos modeliños máis no forno, así que en breve máis.

Un saudo a todos!  :)

Anxo

jueves, 13 de mayo de 2010

Novo modelo!, "As Amarelas"

Ola de novo,

Rematei un novo modelo para o barrio de Caranza, en Ferrol. Trátase da unidade veciñal nº 3, popularmente coñecida com "As Amarelas" ou tamén "As Torres". Son 5 torres residenciais que orixinalmente estaban pintadas dunha cor amarela moito máis viva que a actual, á que lle deben o seu sobrenome. Do mesmo xeito, todas as persianas das fiestras era dunha cor azul que lle daba a todo o conxunto un aspecto moi característico. Actualmente a maior parte das persianas foron substituidas polos propietarios das vivendas por outras mais comúns ou de cores diferentes, perdendo o conxunto parte do aspecto peculiar que tiña orixinalmente.


O barrio de Caranza foi construido na década dos 70 para realoxar á poboación do histórico barrio de Esteiro, derribado por unha decisión propia daquelas datas na que non se valoraba a importancia do patrimonio histórico que se perdia. Estas torres foron uns dos primeiros edificios que se construiron no barrio.


Enlace na galería 3D: Unidade veciñal 3 "As Amarelas"

O modelo inclue parte do terreno circundante para adaptalo o máis posible á realidade e á topografía de Google Earth. Tamén encaixa co modelo da unidade veciñal 2 "As Rosas" que xa se encontra na capa 3D.

Agora, as acostumadas imaxes en Google Earth...








Espero que vos guste... 

Saudos ;)