Mostrando entradas con la etiqueta puente. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta puente. Mostrar todas las entradas

martes, 4 de mayo de 2010

Ceguera??

Pois si, iso debe ser o que padeceron momentáneamente os revisores da galería 3D de Google. E digo isto porque según eles a pasarela do Porto de Ferrol non (NO) existe!. Vale que foi inaugurada fai pouco máis dunha semana, que é algo moi recente e que non é que existan moitas imaxes da ponte peonil rematada. Si fai falta poño eu unhas poucas:





Fotos: Anxo Miján

Vale todo iso,... non sei que ferramentas utilizan para verificar a existencia dos modelos, pero digo eu que  Street View será unha delas non??...

Ver mapa más grande

Pois iso... ceguera.

Non vou a comentar nada sobre os outros "motivos" que deron para non aceptar o modelo, como que está incompleto... que non sei como se pode comprobar iso nun modelo que según eles non existe?...

Por suposto a revisión foi apelada e ademais de fotografías e noticias ao respecto da inauguración envieilles o enlace de Street View onde eles mesmos poden ver a pasarela coas súas propias ferramentas.... a ver si así!.... :-/

Ponte 25 de Abril. Lisboa

Despois de publicar onte o modelo da pasarela atirantada do porto de Ferrol, veume á memoria a Ponte 25 de Abril, que é un dos modelos que realicei en imaxefree.com.


Un pouco de historia...
A Ponte 25 de Abril é unha ponte colgante que cruza o estuario do rio 'Tejo' na cidade de Lisboa. Foi o dictador Salazar o que ordenou as súa construcción no ano 1960, comezando a mesma o 5 de Novembro de 1962 e sendo inaugurado o 6 de Agosto de 1966. Foi a mesma empresa que fixo o Golden Gate de San Francisco a que se encargou da súa construcción. Orixinalmente foi denominado como Ponte Salazar, ainda que  dende a Revolución do 25 de abril de 1974, que restaurou a democracia en Portugal, pasou a ter a súa actual denominación. Con case 2 km de longo, a construcción de aceiro exténdese unindo a beira sur, Almada, coa norte, Lisboa. A parte inferior remodelouse posteriormente para albergar vias de tren.






O modelo:
É un dos modelos máis grandes que realicei polo de agora, pero ainda así tratei de manter o nivel de detalle o máis elevado posible. Actualmente é o modelo escollido por Google Earth para a capa 3D do programa.



Enlace na galería 3D: Ponte 25 de Abril
E as acostumadas imaxes do modelo en Google Earth, onde ademais se poden ver a multitude de modelos 3D cos que conta a fermosísima cidade de Lisboa.








Espero que vos guste...


Saudos ;)

Pasarela do Porto de Ferrol

Aquí está o novo modelo!, é unha pasarela peonil recentemente inaugurada en Ferrol.  Utilicei o complemento "Shape Bender" para conseguir o peculiar e sinuoso percorrido da pasarela. É moi recomendable botarlle un vistazo a este magnífico complemento creado por Chris Fullmer, que permite obter grandes resultados dun xeito sinxelo. Podedes tamén botar un ollo a esta publicación no Blog Oficial de SketchUp que fala sobre este complemento.

A pasarela de estructura metálica e soportada por cables atirantados foi deseñada polo enxeñeiro António González Serrano. Ten uns 250 metros se percorrido e foi inaugurada o pasado 28 de Abril deste mesmo ano.

Foto: Anxo Miján

O modelo:
Para a realización deste modelo utilicei por primeira vez o complemento Shape Bender, tal e como dixen antes, o que resultou de moita utilidade. Hai dúas plataformas de arranque en cada un dos extremos da pasarela con diverso mobiliario urbán, pero debido a configuración do terreno en Google Earth, un dos extremos queda "enterrado", polo que finalmente decidín modelar só unha das plataformas de arranque. Tal vez nun futuro (si o terreno é actualizado) faga algúnhas modificacións para mellorar o modelo.



Enlace na galeria 3D: Pasarela do Porto de Ferrol
A continuación deixo as imaxes de costume.









Espero que vos guste.

Un saudo ;)