Por fin "habemus modelum"!!... Despois dun paréntesis que xa se facía un pouco longo de máis, xa temos novo modelo. Como vos veño comentando éstes días, trátase da Peixería do Mercado Municipal Central de Ferrol, ou Mercado da Magdalena, como tamén se lle coñece. O edifício é unha nave con cuberta de 2 augas construido no ano 1923 en estilo modernista baixo a dirección do arquitecto municipal Rodolfo Ucha Piñeiro, gran arquitecto municipal de Ferrol ao que se lle deben moitos dos edificios mais singulares e significativos da cidade.
Son moi destacables as dúas fachadas que pechan os dous frentes transversais do edificio, con decoración de clara inspiración modernista, así como os soportes dos aleiros laterais da cuberta realizados en forxa. O edifício foi restaurado conservando incluso as cerchas orixinais atirantadas que soportan a cuberta e sigue cumplindo a función orixinal para o que foi concebido, a venta de peixe fresco dentro do espazo do Mercado Central, si ben as instalacións e os postos de venta foron modernizados adaptándose aos tempos.
O modelo:
Enlace na Galería 3D: Peixería do Mercado Central de Ferrol
Realicei este modelo con bastante detalle, xa que, ainda que é un edificio sinxelo, ten unha gran singularidade, polo que intentei reflexar o maior número de detalles das fachadas do mesmo. Como mostra do que digo, deixo un par de imaxes da volumetría do modelo onde se pode apreciar o que comento:
Debido a que o terreno de GE en Ferrol non é moi preciso ainda, tiven que modelar parte do terreno circundante para adaptar o modelo ao entorno, sobre todo pola zona da rua Irmandiños, onde se atopa a zona de descarga dos camións e a entrada subterránea de carga e descarga do Mercado Central.
Como de costume, aquí deixo as imaxes do modelo rematado en GE. Desexo que vos guste.
E con isto me despido polo de agora, en breve (iso espero) voltarei con máis modelos e proxectos sempre que vaia atopando tempo para dedicarlles.
Saudos ;)
Anxo