Mostrando entradas con la etiqueta Pontedeume. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pontedeume. Mostrar todas las entradas

martes, 13 de abril de 2010

O Castelo de Andrade

foto: Victor M. Galdón

Un pouco de historia:
O Castelo de Andrade está situado no concello de Pontedeume, provincia da Coruña. Máis concretamente na parroquia de Nogueirosa, polo que tamén é coñecido como Torre de Nogueirosa. A orixe do castelo está moi ligada ao Conde de Andrade, Fernán Pérez (O Bó) que ordenou a súa construcción en 1369. No século XV foi un importante posto defensivo durante as guerras Irmandiñas tras as que quedou case completamente destruido. Conta a historia que durante estas revoltas foi atacado por Alonso de Lanzós. Apresado este xunto aos seus seguidores e trasladado aos subterráneos do castelo onde pereceu. Conta a lenda que despois de 100 días preso nunha escura mazmorra sen ver a luz do día foi enterrado vivo, de pe e no interior dun muro de 3 metros de espesor, despois de amputarlle a man dereita como ao resto dos xefes irmandiños apresados... cousas da Idade Media, que eran así de brutiños. Se queredes saber algo máis da historia deste castelo:
Castillo de los Andrade (en español)



foto: Victor M. Galdón

O modelo:
Fixen a primeira versión deste modelo aló por Agosto do 2007, pero por diferentes razóns (que daquela descoñecía) o modelo non puido formar parte da capa 3D. Finalmente e tras unha revisión e unha segunda versión o modelo foi aceptado permanecendo ata agora visible en Google Earth. A última versíón do modelo podedes atopala aquí. Foi un dos primeiro modelos que realicei nos que tamén creei parte do terreno para poder adaptar mellor a topografía e facela máis aproximada á realidade. Tamén é o primeiro modelo no que incluín unha árbore, que neste caso foi este modelo de dandis. É un dos meus modelos máis populares, e o que está incluido nun maior número de coleccións... :)





A continuación tedes unhas cantas imaxes de como loce o modelo no seu entorno: ...