miércoles, 21 de julio de 2010

Rodolfo Ucha Piñeiro e o Modernismo de Ferrol.

Nos comezos deste blog (non moi lonxanos), publiquei sobre un dos primeiro edificios que modelei en 3D na miña cidade natal, o Teatro Jofre. Naquel artigo mencionaba que a autoría da fermosa fachada do teatro era do que de aquela era o arquitecto municipal de Ferrol, Rodolfo Ucha Piñeiro.


Rodolfo Ucha Piñeiro


Vigués de nacemento, veu a luz por primeira vez un 27 de setembro de 1882, ainda que sendo ainda un neno trasládase a Ferrol coa súa nai xa viuva. Xa mozo e despois dos seus primeiros estudos en Ferrol, Santiago e A coruña, trasládase a Madrid para estudar na Escola de Arquitectura da capital, onde en 1906 obtén o título. Tras rematar os estudios permanece en Madrid durante unha tempada traballando no estudio do arquitecto da Real Academia de Bellas Artes de San Fenando, Eduardo Fernández y Rodríguez. En novembro de 1908 retorna a Ferrol onde comezará a traballar como arquitecto municipal no ano 1909. É entón cando a cidade de Ferrol comeza a gañar en beleza grazas a man deste home e aos fermosos edificios que nos deixou. 

Prácticamente a totálidade da obra de Rodolfo Ucha Piñeiro enmárcase dentro do Modernismo ainda que a partír dos anos 30 os seus proxectos adáptanse aos tempos, ao Eclecticismo, ao Art decó e ao Racionalismo deixando notables obras en distíntas épocas e estilos, ainda que é co Modernismo onde mellor poderémos apreciar a mestría deste xenial arquitecto.



Fonda Suiza. 1910

Xa no ano 1910 podemos desfrutar de obras como a Fonda Suiza (actual Hotel Suizo) ou a fermosísisma Casa Romero, un dos edificios máis característicos da arquitectura modernista de Ferrol e do que eu mesmo realicei un modelo en 3D:



Casa Romero. 1910



Do ano 1911 é a Casa Munduate, na rúa Magdalena. O edificio de "El Correo Gallego", coa súa fachada de profusa e colorísta decoración vexetal, e as famosas Casas Pereira, tamén no barrio da Magdalena, son todos eles edificios construidos no ano 1912. O ano 1913 deixounos  obras como a Casa Brañas ou o espectacular Hotel Suizo, un edificio da mesma magnitude que a Casa Romero e construido xusto en frente da Fonda Suiza, realizada por Ucha apenas uns anos antes.


Edificio "El Correo Gallego". 1912

Unha das Casas Pereira. 1912

Alzado de Fachada orixinal do Hotel Suio coa firma de Rodolfo Ucha. 1913

Hotel Suizo. 1913


Ata o ano 1915 Rodolfo Ucha foi tamén arquitecto do Ministerio da Mariña, e foi a partir de ese ano que o modernismo comezou a decaer nas súas creacións. Ainda así deixou moitísimas máis obras destacables, que sería imposible enumerar na sua totálidade, xa que foi un arquitecto moi prolífico, tanto na sua faceta pública sendo Arquitecto Municipal ata o ano 1936, como na privada. 

Son obras súas edificios como Chalet Antón (1918), co seu particular mirador, ou o Casino Ferrolano, de 1921, que foi o primeiro edificio da cidade en utilizar o formigón armado na súa construcción.


Chalet Antón. 1918

Casino Ferrolano. 1921

Outras obras moi destacables que podemos mencionar de xeito resumido, son:

· Hotel Ideal Room (1917)
· Fachada do Teatro Jofre (1921)
· Peixería do Mercado Municipal (1923)
· Edificio Pita Saavedra (1939)
· Edificio Calvo Formoso (1939)


Ademáis foi autor dos edificios do "Banco de La Coruña", o Chalet de Canido, a Casa Bruquetas, A Casa Vázquez, a Casa Rodríguez Trigo, e moitos máis.... Non podemos deixar de mencionar tamén unha serie de obras pertencentes ao mobiliario urbán da cidade e xa desaparecidas, como o Café-Teatro "New England", que estaba situado na Alameda, ou os múltiples "kioskos" que foron situados en diferentes prazas da cidade. Do mesmo xeito podemos citar algúns proxectos que nunca se levaron a cabo, como o Chalet de de José Canalejas ou unha terceira Casa Pereira que se quedaron no papel. Un proxecto irrealizado que tamén é merecedor da nosa atención é un gran parque proxectado por Ucha para a zona comprendida entre a Praza de España e a estación de tren. De terse levado a cabo sería o parque máis grande da cidade, multiplicando por catro a superficie do parque Raiña Sofía.


"Banco de La Coruña" (Actual Café Bla-Bla)
Café-Teatro "New England" (desaparecido)

"Kiosko dos Valencianos" (desaparecido)

O magnífico e irrealizado plan de ordenación urbana (1929) de Santiago Rey Pedreira, incluindo o enorme parque proxectado por Rodolfo Ucha Piñeiro.


Trala Guerra Civil, Rodolfo Ucha Piñeiro exerceu a súa profesión de xeito particular ata o ano 1975, sendo Decano dos arquitectos colexiados, dos cales recibiría unha homenaxe no ano 1977 como recoñecimento á sua magnífica obra. Morrerá uns anos despois, un 27 de xaneiro de 1981, con xa case un século de vida e deixando tras de si un legado que ainda agora embelece a cidade de Ferrol.

Espero que este artigo sirva como un pequeno homenxe particular á sua figura, que nun futuro espero completar realizando máis modelos en 3D con algúnha das súas obras.


Anxo


Máis información:

Wikipedia (Galego) (Castelán)

martes, 20 de julio de 2010

Novo modelo. Teneduría do Arsenal de Ferrol

Un pouco de história...

A antiga Teneduría do arsenal de Ferrol foi construida no século XVIII durante o reinado de Carlos III, continuador das grandes obras do Arsenal iniciadas no reinado de Alfonso VI e que se prolongarían sendo xa rei Carlos IV. O edificio da Teneduría é un interesante exemplo de arquitectura modular neoclásica na que destaca a adición dun pórtico de soportais na fachada que da á dársena. Como curiosidade habería que destacar os arcos transversais deste pórtico, dunha estilizada traza parabólica.


O edificio é actualmente sede das oficinas da Comandancia Xeral do Arsenal. Forma parte do conxunto de edificios situados xunto a Porta do Dique e contiguos tamén ao Dique da Campana. Na parte posterior do edificio hai un longo patio que o separa do antigo Penal de San Campio (hoxe Museo Naval e Biblioteca) e da residencia do almirante (antiga vivenda do Constructor e Xefe de Maestranzas do Arsenal).


O modelo...

O modelo abarca a zona comprendida entre o Dique da Campana e a fachada leste do edificio da Teneduría, lindando xa con o asteleiro de Navantia e o recinto do Museo Nacional da Construcción Naval. Tamén modelei a pasarela que o conecta coa Residencia do Almirante por encima do patio posterior, pensando en que nun futuro realizarei os edificios que se atopan nesa zona e así completar o conxunto. Tamén engadín unha pequena e moi antiga grúa que se atopa xusto no peirao que hai en fronte do pórtico.


Enlace á Galería 3d:


Unha das texturas que utilicei para os báculos de iluminación que hai xunto ao Dique da Campana están resultando un pouco rebeldes, xa que en GE non se mostran correctamente, pero bueno, tratarei de correxilo nunha próxima actualización :P

Como sempre, déixovos cunhas poucas imaxes do modelo en GE:










E todo polo de agora, ... en breve máis.

Saudos a todos! ;)

Anxo

viernes, 16 de julio de 2010

Novo Modelo. Edificio da Cooperativa San Valentín de Astano en Caranza.


Este edificio situado na avenida de Castelao do barrio ferrolán de Caranza foi construido pola Cooperativa San Valentín para as vivendas dos traballadores do antigo Astano, estaleiro situado no concello veciño de Fene e que foi absorvido polos actuais estaleiros de Navantia.

O modelo inclue os baixos comerciais, que funcionan a modo de podio e onde as imaxes que puiden conseguir para as texturas deixan un pouco que desexar, polo que non descarto futuras actualizacións para mellorar ese aspecto. Sobre os baixos hai unha terraza elevada de servicio privado para os residentes da torre. Tamén se inclue algo da vexetación circundante e a entrada aos garaxes pola parte posterior.


E agora as acostumadas imaxes do modelo no seu entorno inmediato...








... como sempre, espero que sexa do voso agrado. Aproveito para dicir que xa teño uns cantos modeliños máis no forno, así que en breve máis.

Un saudo a todos!  :)

Anxo

jueves, 1 de julio de 2010

Novo modelo. Grúas do estaleiro Navantia.

O prometido é débeda... aquí tedes un novo modelo, as grúas do estaleiro Navantia de Ferrol. É algo demasiado característico de Ferrol como para non ter o seu correspondente modelo 3D.


As grúas de Navantia, antiga Izar, e a máis antiga ainda Bazán, forman parte indiscutible da paisaxe de Ferrol. As máis altas chegan ata os 89 metros de altura na sua posición de maior envergadura, o que as fai visible dende case calquera punto da cidade e os arredores.


O modelo inclue todas as grúas móbiles do estaleiro nos seus diferentes tipos, dende as máis altas (nas gradas) ata as máis pequenas nos diferentes peiraos. Debido á multitude de grúas que ten o estaleiro, o modelo dividiuse en 3 partes, xa que o conxunto total tiña un grande número de polígonos.

Aquí tedes as 3 partes:




Enlaces á Galería 3D:


E como non, agora deixo unhas cantas imaxes de como se ve Ferrol en Google Earth con as súas características grúas:









Pois iso,... agardo que vos gusten.

Saudos! ;)


Anxo

Preparando novos modelos

Saudos a todos!, sigo por aquí, non desaparecín nin nada, o que pasa é que estiven ocupado estes días e tiña o blog un pouco abandonado. Teño algúns modelos en preparación.... entre eles algo que fai moito tempo botaba de menos en Ferrol, demasiado característico e omnipresente na cidade como para non estar modelado en 3D.... pronto saberedes máis.... :)



Saudiños!... ;)