Houbo bastantes avances dende a última vez que publiquei sobre o modelo da Catedral de Santiago. A parte de que o modelado avanzou pola zona do Pazo de Xelmirez e pódese dicir que o volume xeral de todo o conxunto catedralicio está prácticamente definido, comecei a facer probas de renderizado sobre as partes xa máis avanzadas que requeriron de algúns axustes e algún modelado extra e dos que falarei maís tarde. Ademáis de todo isto, incluín un pequeno "ovo de pascua" agochado nalgún punto de todo o edificio.
Pero imos por partes, nesta publicación falarei dos avances co modelado e deixarei o tema das probas de renderizado para outra. Aquí vos deixo unha imaxe que da idea dos avances do modelado pola zona do Pazo de Xelmirez e na que sa xe adivina o volume case definitivo de todo o conxunto, a falta de engadir algunha capela, a Fachada da Acibechería e os detalles finais.
Tamén probei a contextualizar un pouco máis o modelo e engadín un ceo gris, moi propio da cidade de Santiago para darlle un pouco máis de autenticidade ao modelo, como podedes ver nas seguintes imaxes extraidas tamén do SketchUp:
Ademáis de todo isto, e como comentaba antes, tomeime a licencia de recrear a escala real o desaparecido (
sic)
Códice Calixtino e escondelo nalgún punto do complexo catedralicio, engadindo así un pequeno aliciente e retándovos a todos a atopalo no momento no que o modelo quede publicado en Google Earth. Polo de agora so vou deixar unha imaxe, para que polo menos teñades unha idea do que hai que buscar. :)
Como xa dixen, nunha próxima publicación falarei das probas de renderizado que fixen utilizando Artlantis sobre as partes máis avanzadas do modelo e que requeriron algúns traballos extra dos que darei conta no seu momento.
Polo de agora isto é todo.
Saudos ;)
Anxo