Mentres continúan as
votacións para escoller ao próximo supermodelador, decidín seguir coa tarefa modeladora, e desta vez fixeime nunha pequena e fermosísima capela que trae a miña memoria os veráns da infancia en Valdoviño. A capela da Virxe do Porto atópase en Meirás, no concello de Valdoviño, moi cerca de Ferrol. Está situada nun entorno espectacular, construida nun pequeno illote rochoso, xunto a unha cala de pedras, resgardada do mar polas rochas contra as que bate sempre furioso o Atlántico.
Ahí, nun lugar inverosimil podemos atopar esta minúscula e branca capela, desafiando ao inmenso Atlántico, incomprensiblemente pracida sobre o sempre axitado océano da costa norte galega. A capela é só accesible cando o océano se retira na baixamar permitindo achegarse a ela cruzando a pequena cala pedregosa e trepando por unhas estreitas e brancas escaleiras. Simplemente unha porta e unha fiestra na fachada que da a terra permiten a entrada da luz dentro do templo. O resto dos muros son cegos, para defenderse dos embates poderosos do mar.
O modelo da capela en sí e ben sinxelo, pero foi necesario recrear parte da costa rochosa da zona, xa que a orografía representada en GE nesta zona é bastante pobre e tosca, e ademais as imaxes de satélite teñen moi poca definición, así que tiven que recurrir a outros medios para modelar o illote onde se atopa a capela e parte dos arredores. Ainda así penso que ao final quedou bastante ben.
Déixovos as imaxes habituais do modelo, a ver se vos gusta...
Ben, iso é todo polo de agora, lembrade que continúan as votacións, podedes escoller ao voso
modelador favorito e votar dende
aquí, ou
na columna dereita do blog >>>
Graciñas por seguir ahi e saudos a todos!... ;)
Actualizado 21/11/10:
Actualicei o modelo seguindo os consellos de
Arrigo Silva, que tivo a amabilidade de cederme un pouco da súa sabiduría e deume un par ideas para mellorar o aspecto do modelo.
Moitas gracias Enrico!!, reálmente sentínme alagado ao recibir o teu correo. :)
Deixo un par de imaxes para que vexades o novo aspecto...
Saudos!! ;)