A Biblioteca Municipal Central de Ferrol está situada no antigo edificio do Banco de España construido no ano 1946 e diseñado polo arquitecto José Yarnoz Larrosa. Situado no nº 2 da Praza de España o edificio pasa a ser propiedade municipal no ano 1982 sendo en 1990 cando se traslada a el a Biblioteca Municipal, que antígamente ocupaba un espacio no 2º andar do Palacio do Concello.
No periodo 2001-2006 o edificio foi remodelado na súa totalidade según un proxecto do arquitecto Juan Antonio Vidal Romaní que reorganizaría todo o espacio interior do inmoble e aproveitaría na súa totalidade os 2.700 metros cadrados de superficie dos que dispón. Ademais engadiuse o lucernario piramidal sobre o espacio central da Biblioteca que a indentifica claramente dende o exterior.
No semisoto atópase a Sala de Exposicións e o depósito de libros, espazo que anteriormente albergaba o Museo Municipal Bello Piñeiro que posteriormente sería trasladado ao Centro Cultural Torrente Ballester por mor da rehabilitación da Biblioteca.
O modelo non resultou excesivamente complicado, se ben as fotografías que utilicei para as texturas da fachada precisaron de bastante traballo en Photoshop.
Enlace na Galería 3D: Biblioteca Municipal Central de Ferrol
E xa para rematar, unhas cantas imaxes do modelo acompañado desta vez polo seu veciño, o Edificio Hollywood:
Agardo que vos guste, ...
Un saudo! ;)
Anxo
1 comentario:
Pois si, gusta, gusta :D
Iso de pechar prazas é unha cousa que en Lugo vai así así, pero espero que mellore (agora tocan exames!). En canto a estes dous modelos, estan quedando moi ben, espero ver máis pronto!
Ah, e a entrada polo de Galiciencia, creo que poñerei unhas fotos e pouco máis, non estou inspirado :S
Un saúdo!
Publicar un comentario