Como veredes na pequena descripción do perfil, chámome Anxo Miján, ferrolán de nacemento e de sentimento ainda que vivo na Coruña. Dende fai anos entrei no mundo do deseño con
SketchUp, e ainda que ao principio era bastante torpe, pouco a pouco fun mellorando... ou polo menos iso espero!. Desfruto enórmemente facendo modelos 3D, e ainda que algúns poden ser mellores ou peores (ou malísimos directamente) intento facelo o mellor posible e ir mellorando e aprendendo co tempo. Entre as miñas moitas aficións, a parte do 3D, tamén está a fotografía, ainda que nesas lides o meu non pasa da afición... Podedes ver algo da miña faceta de fotógrafo amateur en
Flickr, a parte de algúnhas imaxes dos meus modelos para o Google Earth que por alí teño gardadas.
Traballo como deseñador gráfico e facendo modelos 3D en
imaxefree.com, un estudio de fotografía e deseño da Coruña. Tamén traballo esporádicamente pero de xeito regular para
Concept3D empresa afincada Estados Unidos e que fai importantes traballos para coñecidas empresas internacionais. Gracias a este traballo e a unha constante labor de "auto-aprendizaxe" fun adquirindo cada vez máis coñecementos que espero seguir ampliando co tempo. O froito de todos estes anos de labor podedes velo na
Galería 3D de Google onde teño modelos ao nome de
Trasancos ou outros que fixen en
imaxefree.com.
A parte diso fixen algúnha que outra cousa experimentando o renderizado de modelos de SketchUp con
Kerkythea, un programa gratuito, pero moi completo ao que se lle pode quitar moito partido e do que seguramente falarei máis dunha vez no futuro.
Isto é todo polo de agora, a medida que vaia publicando sobre modelos novos e antigos e sobre todo o que rodea a este mundo do 3D iredes coñecendo un pouco máis de min e do meu traballo. Espero que vos guste e que sexa por moito tempo. Graciñas por adiantado.
Benvidos de novo a Trasancos 3D. ;)
I'll mainly write in 'galego' (Galician), but I'll try to add a translation in english to almost all posts to let everybody out of Galiza understand them better. Anyway, if you use Google Chrome you can translate all the blog, but took the precaution of select 'galego' (gallego or galician) as origin language, because Chrome detect it as portuguese... (sic). It's not exactly a good translation... but it helps. You will find the translations at the bottom of each post (usually after the jump)
Here is the translation of this first post: