Un pouco de historia:
Situado nunha das prazas máis céntricas de Ferrol o Teatro Jofre é o máis fermoso emblema da importante actividade cultural da cidade. Levantouse o telón por primeira vez en 1892, sendo o "Alcalde de Zalamea" a representación inaugural. Actualmente é unha das máis importantes obras da arquitectura teatral da España do XIX. No seu interior, de espléndida acústica e fermosa decoración, destacan os frescos do teito realizados polos afamados pintores e escenógrafos Jorge Busato e Fontana di Centro. As vicisitudes atravesadas polo inconcluso teatro prolónganse ao século XX. En 1908 incorpora á súa programación proxeccións cinematográficas. Despois de ser vendido á empresa Fraga, encárgaselle ao arquitecto municipal Rodolfo Ucha unha reforma para dotalo dunha nova fronte e proporcionar ao edificio o impoñente aspecto de moderno palacio urbano que loce na actualidade. Para saber un pouco máis, podedes visitar a páxina oficial do teatro: Teatro Jofre, ou esta outra: Ferrol Antiguo
O modelo:
Foi un dos primeiros modelos que realicei, aló por Agosto do 2006, daquela era algo bastante máis tosco, sen texturas fotográficas e un aspecto bastante máis esquemático... por non dicir outra cousa :P . Co tempo fun mellorando o modelo ata darlle o aspecto que agora ten e co que podedes atopalo na Galería 3D
Non descarto futuras revisións do modelo, porque os acabados do edificio anexo son bastante mellorables ainda. Nun futuro volverá pasar polo SketchUp para facerlle algunha que outra renovación. Mentres tanto, deixovos unhas cantas imaxes do modelo, algunhas extraidas de Gogle Earth, onde o veredes acompañado por algúns outros modelos realizados tamén por min. Espero que vos guste.
No hay comentarios:
Publicar un comentario