Mostrando entradas con la etiqueta Teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Teatro. Mostrar todas las entradas

sábado, 27 de agosto de 2011

Novo modelo. O Teatro Colón


Mentres continúo traballando coa Catedral de Santiago, dediquei un pouco do meu tempo a facer un modelo diferente, tal e como fixera co edificio do Banco Pastor. Algo un pouco máis sinxelo e de menor magnitude que o complexo catedralicio de Compostela. Desta vez escollín o Teatro Colón de A Coruña. Un edificio singular do que xa existía un modelo anterior na Galería 3D, pero considerei que non facía xustiza á verdadera magnitude do edificio, polo que decidín facer un modelo máis acorde.



O promotor e artífice do Teatro Colón foi Emilio Rey Romero. O proxecto arquitectónico foi encargado a Jacobo Rodríguez-Losada Trulock no ano 1945, proxectando un conxunto cunha marcada imaxe clasicista moi acertada para un edificio tan singular por tamaño e situación. O teatro comezou a súa andaina como tal no ano 1948 regalando ao público coruñés infinidade de espectáculos musicais e teatrais de relevancia ademais de proxeccións cinematográficas. No ano 2002 foi completaménte remodelado modernizando o equipamento para adecualo aos tempos modernos pero respeitando completamente a estructura orixinal. Na actualidade o teatro está xestionado pola Fundación Caixa Galicia.
  
No mesmo edificio e con entrada oposta ao teatro atópase o Pazo Provincial, sede da Deputación Provincial de A Coruña. Construida conxuntamente co teatro polo mesmo arquitecto e co mesmo estilo, forma co teatro un conxunto singular e de considerables dimensións que destaca dentro da cidade pechando o lado leste da Alameda de Mendez Nuñez.


O modelo abarca o conxunto enteiro, Teatro+Diputación, e foi necesario axustar lixeiramente o terreno para correxir o desnivel existente na representación de GE e que non existe na realidade. 


A continuación deixo as acostumadas imaxes do modelo (alguna delas sen texturas para apreciar o nivel de detalle)










E ata aquí polo de agora, continuarei traballando na Catedral, pero será despois do día 10, ata daquela estarei centrado noutros temas que requiren da miña atención.  Espero que vos guste como quedou.

Saudos a todos ;)

Anxo

viernes, 1 de abril de 2011

Novo modelo. A Casa Danzante. Praga

Por fin!!, rematei o modelo da Casa Danzante!. No camiño quedaron varias horas de modelado, outras tantas traballando coas texturas... e o meu antigo ordenador (sic). Con todo, penso que o resultado mereceu a pena, así que aquí a tedes:

A Casa Danzante de Praga (The Dancing House) é un edificio ideado por Vlado Milunic e Frank Gehry en 1992 e rematado en 1996. Sede de Nationale Nederlanden na capital checa, o edificio ocupa o espacio deixado por outro que foi destruido durante o bombardeo de Praga no ano 1945.


Edificio singular polas suas formas e arquitectura, á que debe os seus múltiples sobrenomes, "The Dancing House", "Fred & Ginger" ou o menos amable, " The Drunken House".


O modelado foi, como xa sabedes polas distintas publicacións que fixen, bastante laborioso, sen restarlle importancia ao texturizado, que tamén levou o seu tempo, por non dicir que a maior parte. A pesar de todo estou moi satisfeito co resultado, así que aquí tedes unhas cantas imaxes:








O modelo está composto por algo máis de 8400 caras, e 16 texturas diferentes (incluidas as imaxes do terreno en GE). Todas as superficies salvo parte de unha (a fachada de fiestras que da ao rio Danubio) foron xeradas manualmente, sen usar ningún plugin. O modelo pesa 5Mb, pero en Google Earth é tan só 1 Mb. Na seguinte imaxe poderedes facervos unha idea da complexidade do modelo.


Tamén houbo algunha pequena complicación á hora de posicionalo en Google Earth, xa que o terreno e os edificios en 3D que xa existen alí (Praga está modelada en 3D na sua totalidade) non casan demasiado ben, así que tiven que recrear un pouco do terreno ao redor do modelo para asentalo correctamente, ainda que queda un pouco forzado. Esperemos que melloren a calidade do terreno en Praga nun futuro e daquela intentarei adaptalo mellor. E despois de todo isto, aquí tedes o modelo en cuestión, recén saido do forno:


Enlace na Galería 3d: A Casa Danzante. Praga

Tamén vou deixar algunhas imaxes de como loce o modelo en GE. Como dicia antes, o terreno queda un pouco forzado e tiven que ocultar os edificios colindantes para que non interferíran con este, pero boeno, o aspecto é bastante aceptable:




E ata aquí todo polo de agora. Espero que vos guste o que (si así o queren dende Google) será o meu primeiro modelo internacional en GE. Agora voume tomar un descansiño e intentarei solventar dunha vez os asúntos técnicos, a ver si podemos volver a traballar en condicións.

Saudos a todos e graciñas ;)


Anxo

viernes, 16 de abril de 2010

O Teatro Jofre.

Un pouco de historia:

Situado nunha das prazas máis céntricas de Ferrol o Teatro Jofre é o máis fermoso emblema da importante actividade cultural da cidade. Levantouse o telón por primeira vez en 1892, sendo o "Alcalde de Zalamea" a representación inaugural. Actualmente é unha das máis importantes obras da arquitectura teatral da España do XIX. No seu interior, de espléndida acústica e fermosa decoración, destacan os frescos do teito realizados polos afamados pintores e escenógrafos Jorge Busato e Fontana di Centro. As vicisitudes atravesadas polo inconcluso teatro prolónganse ao século XX. En 1908 incorpora á súa programación proxeccións cinematográficas. Despois de ser vendido á empresa Fraga, encárgaselle ao arquitecto municipal Rodolfo Ucha unha reforma para dotalo dunha nova fronte e proporcionar ao edificio o impoñente aspecto de moderno palacio urbano que loce na actualidade. Para saber un pouco máis, podedes visitar a páxina oficial do teatro: Teatro Jofre, ou esta outra: Ferrol Antiguo






O modelo:

Foi un dos primeiros modelos que realicei, aló por Agosto do 2006, daquela era algo bastante máis tosco, sen texturas fotográficas e un aspecto bastante máis esquemático... por non dicir outra cousa :P . Co tempo fun mellorando o modelo ata darlle o aspecto que agora ten e co que podedes atopalo na Galería 3D


Non descarto futuras revisións do modelo, porque os acabados do edificio anexo son bastante mellorables ainda. Nun futuro volverá pasar polo SketchUp para facerlle algunha que outra renovación. Mentres tanto, deixovos unhas cantas imaxes do modelo, algunhas extraidas de Gogle Earth, onde o veredes acompañado por algúns outros modelos realizados tamén por min. Espero que vos guste.