viernes, 1 de abril de 2011

Novo modelo. A Casa Danzante. Praga

Por fin!!, rematei o modelo da Casa Danzante!. No camiño quedaron varias horas de modelado, outras tantas traballando coas texturas... e o meu antigo ordenador (sic). Con todo, penso que o resultado mereceu a pena, así que aquí a tedes:

A Casa Danzante de Praga (The Dancing House) é un edificio ideado por Vlado MilunicFrank Gehry en 1992 e rematado en 1996. Sede de Nationale Nederlanden na capital checa, o edificio ocupa o espacio deixado por outro que foi destruido durante o bombardeo de Praga no ano 1945.


Edificio singular polas suas formas e arquitectura, á que debe os seus múltiples sobrenomes, "The Dancing House", "Fred & Ginger" ou o menos amable, " The Drunken House".


O modelado foi, como xa sabedes polas distintas publicacións que fixen, bastante laborioso, sen restarlle importancia ao texturizado, que tamén levou o seu tempo, por non dicir que a maior parte. A pesar de todo estou moi satisfeito co resultado, así que aquí tedes unhas cantas imaxes:








O modelo está composto por algo máis de 8400 caras, e 16 texturas diferentes (incluidas as imaxes do terreno en GE). Todas as superficies salvo parte de unha (a fachada de fiestras que da ao rio Danubio) foron xeradas manualmente, sen usar ningún plugin. O modelo pesa 5Mb, pero en Google Earth é tan só 1 Mb. Na seguinte imaxe poderedes facervos unha idea da complexidade do modelo.


Tamén houbo algunha pequena complicación á hora de posicionalo en Google Earth, xa que o terreno e os edificios en 3D que xa existen alí (Praga está modelada en 3D na sua totalidade) non casan demasiado ben, así que tiven que recrear un pouco do terreno ao redor do modelo para asentalo correctamente, ainda que queda un pouco forzado. Esperemos que melloren a calidade do terreno en Praga nun futuro e daquela intentarei adaptalo mellor. E despois de todo isto, aquí tedes o modelo en cuestión, recén saido do forno:


Enlace na Galería 3d: A Casa Danzante. Praga

Tamén vou deixar algunhas imaxes de como loce o modelo en GE. Como dicia antes, o terreno queda un pouco forzado e tiven que ocultar os edificios colindantes para que non interferíran con este, pero boeno, o aspecto é bastante aceptable:




E ata aquí todo polo de agora. Espero que vos guste o que (si así o queren dende Google) será o meu primeiro modelo internacional en GE. Agora voume tomar un descansiño e intentarei solventar dunha vez os asúntos técnicos, a ver si podemos volver a traballar en condicións.

Saudos a todos e graciñas ;)


Anxo

5 comentarios:

Armesto dijo...

Moi bonito o modelo!!! O traballo que che levou facelo saíu rentable, finalmente... Pois agora descansar uns días e a seguir con Ferrol, non? :P

De todas formas, supoño que xa lerías a última entrada do meu blog, ou sexa que ata uns meses, non creo ter nada novo...

Un saúdo!

Trasancos dijo...

A seguir con Ferrol, ti o dixeches.

Xa vin o teu blog... ains!!, ímoste botar de menos!, deixeiche unha pequena reprimenda a modo de comentario.

Un saudo meu!

p.d: Teño que comunicarlle algo, pero iso máis adiante ;)

Fotos de San Sebastián dijo...

Bonito modelo, felicidades ¡¡

MundaKarraka dijo...

Impresionante modelo y un trabajo bien hecho y explicado.
Gracias Trasancos!!

TANTUNNY dijo...

This model is worked seriously and clearly. That's one of my favorite models I saw.