Mostrando entradas con la etiqueta Artlantis. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Artlantis. Mostrar todas las entradas

miércoles, 28 de marzo de 2012

WIP. A Catedral de Santiago de Compostela. Xogando con Artlantis.

Máis vale tarde que nunca!, aquí traio os renders que prometín na anterior publicación. Son renders de proba sobre o modelo todavía sen rematar e tal e como poderedes observar, teñen moito de provisionais, tanto na edicion das texturas cono no propio modelado dos elementos e os detalles. Hai que ter en conta que o modelo está pensado para Google Earth, coas limitacións que iso require. O traballo vai encamiñado a crear 2 versións do modelo, unha máis sinxela (que non incluirá o interior) para Google Earth, e outra moito máis completa e detallada para facer renders de moita máis calidade e para outros usos e que ainda está pouco definida (as cubertas e os tellados, por exemplo, son ainda lisos e utilizan como textura a imaxe de satélite de Google). 

Dito isto, os renders que realicei están feitos sobre un "híbrido" destas 2 versións, de aí o de provisionais, pero dan unha idea de por onde van os tiros. Foron realizados con Artlantis, un programiña de renderizado de facil manexo, do que xa falei nalgunha ocasión e co que se obteñen uns resultados bastante aceptables. E xa sen máis preámbulos, aquí tedes as imaxes en cuestión, lembrade como sempre, que pinchando poderedes velas con mellor calidade.

Fachada do Obradoiro:


Claustro:




Praza de Praterías:



Torre da Berenguela:



Fachada do Obradoiro (bis):



Interior (Pórtico da Gloria e nave central):








E como propina, un contraluz do cimborrio e as cubertas da catedral co fogonazo do sol, que sempre lle da un aquel ...



E isto é todo. Como proba non está mal non?,  espero que vos gustase.... :)

Agora todavía queda bastante traballo de modelado por diante que intentarei ir levando aos poucos cando o tempo e outras ocupacións o permitan.


Saudos,


Anxo

lunes, 20 de junio de 2011

Metrópolis. A Torre de Babel.

Renderizados finais.


Tal e como dixen onte, unha vez rematado (polo de agora) o modelo do Zigurat da película Metrópolis de Fritz Lang, hoxe traio os prometidos renderizados que realicei co programa Artlantis, como o que encabeza a publicación.

Á hora de cargar o modelo no programa de renderizado presentóuseme algún problemiña, xa que había un gran número de copias de compoñentes e o Artlantis non recoñecía a posición correcta de todos eles. Gracias a un conselliño de Alsomar conseguín solucionar o tema, e finalmente puiden xerar as imaxes tal e como quería. Fixen bastantes capturas, pero so vou deixar aquí unha selección (que non son poucas) das que considero as mellores, agardo que vos gusten.









E agora unhas cantas imaxes un pouco máis efectistas, ao solpor ...





Engadindo un pouco de néboa tampouco quedan nada mal...




E isto é todo polo de agora, espero que vos gustasen. Como xa comentei, retomarei éste modelo no futuro para melloralo, amplialo e completalo, pero polo de agora imos deixar que repouse un pouco.

Voltarei con máis cousas máis adiante, que xa vai sendo hora de mellorar algún que outro modelo vello demasiado desactualizado e que xa precisa de revisión.

Saudos a todos.


Anxo

domingo, 13 de marzo de 2011

Sobre árbores, renderizados e colaboracións.

Fai tempo xa que o amigo Aarmesto solicitou axuda para modelar unhas árbores na Praza Maior de Lugo. Eu ofrecinme gostoso, se ben teño que recoñecer que me demorei bastante e cumplir o meu ofrecemento e foi necesario algún que outro "recordatorio" para que me decidise a cumplir o que dixen. Finalmente cumplín coa miña palabra e modelei 3 especies de árbores baseándome nas fotografías que me facilitou Andrés:




Subín o modelo coas 3 árbores á Galería 3D, poñendo como colaborador a Aarmesto, que para iso foi o precursor do asunto, e ademais así os modelos son públicos para que se podan utilizar por calquera.



E sin deixar de falar do señor Andrés Armesto, teño que agradecerlle o seu consello sobre o uso da luz nos renderizados con Artlantis, grazas a el podedes apreciar o antes e o despois nas seguintes imaxes do porto de Ferrol:

Antes:

Despois:

E ata aquí todo polo de agora, dicir simplemente que xa teño algún modelo novo no forno do que espero poder publicar en breve.

Saudos a todos ;)

Anxo

viernes, 11 de marzo de 2011

Porto de Ferrol. Dársena de Curuxeiras.

Aquí estou de novo con algúns renderizados dalgúns dos meus modelos. A pesar de que aínda faltan moitas cousas no entorno da dársena de Curuxeiras do porto de Ferrol, hai xa suficientes modelos como para crear un conxunto recoñecible: o Baluarte de San Xoán, o Cuartel de Instrucción, a Dársena de Curuxeiras (coa lonxa, os Xardíns da Ranita e o edificio de prácticos), a Autoridade Portuaria e algúns edificios no Paseo da Mariña. Así que decidín pasar os modelos polo filtro de Artlantis e aquí tedes o resultado (tras algunha proba fallida de tintes caribeños):

Pinchando nas fotos gañan en tamaño...










E ata aquí os renderizados, espero que sexan do voso agrado, aínda que sei que hai moito que mellorar. Agora estou preparando algún novo modelo e ademais teño en mente cumplir unha promesa que fixen para colaborar con outro modelador e que xa vai sendo hora de cumplir, que un é prisioneiro das súas palabras, e eu non vou ser menos. :P

En breve máis.

Saudos ;)

Anxo

lunes, 28 de febrero de 2011

Renderizados con Artlantis.

Ola de novo a todos. Como veño comentando éstes días, estou comezando a utilizar Artlantis para facer algunhas probas de renderizado con algúns dos meus modelos, e a verdade é que o resultado é moi satisfactorio, ademais de ser treméndamente rápido comparado con outros programas, como por exemplo o Kerkythea, que era o que viña usando ata o de agora. Para probalo utilicei un modelo antigo que tiña por ahí gardado dun edificio que ideei e realicei con SketchUp e do que vos deixo un par de imaxes:



Despois de meter o modelo en Artlantis, e logo dun rápido editado dos materiais, a luz, ou o ceo (do que teño que dicir que me agradan moito as posibilidades e os controis de editado que ofrece o programa) realicei varios renderizados do edificio sin que ningún deles levase máis de 2 minutos (nalgúns caso incluso menos de 1 minuto!!!) dos que aquí deixo algúns para que podades xulgar por vos mesmos:





Incluso pódense realizar tomas interiores sen necesidade de variar os axustes de luz, xa que o programa se encarga de realizalos automáticamente:



Como vedes, non están nada mal, e para o resultado que se obten a velocidade de procesado das imáxes é rapidísima, si ben hai que dicir que neste caso en ningunha delas utilicei o filtro de "antialiasing" para refinar as imaxes un pouco máis, o que acorta tamén o tempo de renderizado.


Resumindo, para min un agradable descubrimento, un programa sinxelo, rápido e eficaz que vos recomendo (e que conste que non recibo comisión ningunha, hehehe).

Saudos ;)


Anxo