Mostrando entradas con la etiqueta Praza de España. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Praza de España. Mostrar todas las entradas

jueves, 2 de diciembre de 2010

Novo modelo. Edificio Caixa Galícia.

Por fin rematei o modelo do edificio de Caixa Galicia na praza de España de Ferrol. Este edificio, xunto co edificio "Hollywood", a Biblioteca e o "Edificio Criado" (ainda por modelar) forman e debuxan o skyline máis característico e recoñecible de Ferrol.


O edificio de Caixa Galicia, antigo edificio da Caixa de Aforros e Monte de Piedade de Ferrol, foi deseñado polo arquitecto Nemesio López Rodríguez e construido en dúas fases. A primeira cara a rua Galiano en 1941 e a segunda cara a rúa María en 1951. O edificio albergou ademáis o Sanatorio "San Javier" que foi tamén Casa de Socorro. Actualmente pertence á Novacaixagalicia, a caixa resultante da fusión de Caixa Galicia e Caixanova, polo que o característico luminoso que remata o edificio probablemente desaparecerá nun futuro próximo, privando ao conxunto dun dos seus elementos característicos.

O modelo é un dos máis pormenorizados que elaborei ata o de agora, xa que tódalas fiestras están modeladas e ten multitude de detalles.


Enlace á galería 3D: Edificio Caixa Galicia

Probáblemente precise dalgunhas correccións que realizarei máis adiante, sobre todo na escala da torre do reloxio, pero polo de agora creo que o resultado é bastante aceptable así que dou o modelo por rematado. Déixovos agora unhas cantas imaxes do modelo para non perder o costume. Xa notaríades que modifiquei un pouco o deseño do blog para poder poñer imaxes máis grandes... 






Boeno, e ata aquí chega polo de agora. Agardo que sexa do voso agrado e espero voltar pronto con máis cousas.

Saudos a todos! ;)


Anxo

domingo, 28 de noviembre de 2010

Novo modelo. A Biblioteca Central de Ferrol

A Biblioteca Municipal Central de Ferrol está situada no antigo edificio do Banco de España construido no ano 1946 e diseñado polo arquitecto José Yarnoz Larrosa. Situado no nº 2 da Praza de España o edificio pasa a ser propiedade municipal no ano 1982 sendo en 1990 cando se traslada a el a Biblioteca Municipal, que antígamente ocupaba un espacio no 2º andar do Palacio do Concello. 


No periodo 2001-2006 o edificio foi remodelado na súa totalidade según un proxecto do arquitecto Juan Antonio Vidal Romaní que reorganizaría todo o espacio interior do inmoble e aproveitaría na súa totalidade os 2.700 metros cadrados de superficie dos que dispón. Ademais engadiuse o lucernario piramidal sobre o espacio central da Biblioteca que a indentifica claramente dende o exterior.


No semisoto atópase a Sala de Exposicións e o depósito de libros, espazo que anteriormente albergaba o Museo Municipal Bello Piñeiro que posteriormente sería trasladado ao Centro Cultural Torrente Ballester por mor da rehabilitación da Biblioteca.

O modelo non resultou excesivamente complicado, se ben as fotografías que utilicei para as texturas da fachada precisaron de bastante traballo en Photoshop.



E xa para rematar, unhas cantas imaxes do modelo acompañado desta vez polo seu veciño, o Edificio Hollywood:





Agardo que vos guste, ...

Un saudo! ;)

Anxo

miércoles, 24 de noviembre de 2010

Novo modelo. O edificio "Hollywood"

Hai moitos edificios emblemáticos na Praza de España de Ferrol como para non ter modelado ningún, e iso era algo que xa me pesaba, así que me puxen mans á obra e comecei polo principio, o nº 1 da praza, o popularmente coñecido como Edificio "Hollywood".


O edificio "Hollywood" foi construido na década dos 40, sendo un dos primeiros que ocuparon a nova Praza de España, situada onde antigamente estaba a Porta Nova das desaparecidas murallas de Ferrol. Destinado a vivendas para os oficias do Exército de Terra moi pronto adquiriu o sobrenome de Edificio "Hollywood" pola cantidade inxente de "estrelas" que saían e entraban del sobre as solapas dos uniformes dalgúns dos seus inquilinos. Co tempo e debido á súa singularidade foise convertindo nun elemento recoñecible dentro da arquitectura da cidade entrando a formar parte do "skyline" de referencia de Ferrol.


Fai relatívamente pouco as fachadas do edificio foron restauradas e pintadas, incluidas as do patio interior, adquirindo un ton lixeiramente más "ocre" que o que tiña antígamente pero que non fixo perder nin un ápice de personalidade ao, arquitectónicamente  falando, grandilocuente edificio. Intentei reflexar no modelo ese aspecto peculiar para un edificio de vivendas, e penso que o resultado é satisfactorio:


Enlace na Galería 3D: Edificio "Hollywood"

E xa para rematar, as imaxes de turno:






E ísto é todo polo de agora, seguirei con máis modelos na Praza de España, a Biblioteca, o Ambulatorio, o edificio de Caixa Galicia... etc, etc. Espero que vos gusten.

Lembrade que aínda continúan as votacións!

Saudos ;)


Anxo