Por fin rematei o modelo do edificio de Caixa Galicia na praza de España de Ferrol. Este edificio, xunto co edificio "Hollywood", a Biblioteca e o "Edificio Criado" (ainda por modelar) forman e debuxan o skyline máis característico e recoñecible de Ferrol.
O edificio de Caixa Galicia, antigo edificio da Caixa de Aforros e Monte de Piedade de Ferrol, foi deseñado polo arquitecto Nemesio López Rodríguez e construido en dúas fases. A primeira cara a rua Galiano en 1941 e a segunda cara a rúa María en 1951. O edificio albergou ademáis o Sanatorio "San Javier" que foi tamén Casa de Socorro. Actualmente pertence á Novacaixagalicia, a caixa resultante da fusión de Caixa Galicia e Caixanova, polo que o característico luminoso que remata o edificio probablemente desaparecerá nun futuro próximo, privando ao conxunto dun dos seus elementos característicos.
O modelo é un dos máis pormenorizados que elaborei ata o de agora, xa que tódalas fiestras están modeladas e ten multitude de detalles.
Enlace á galería 3D: Edificio Caixa Galicia
Probáblemente precise dalgunhas correccións que realizarei máis adiante, sobre todo na escala da torre do reloxio, pero polo de agora creo que o resultado é bastante aceptable así que dou o modelo por rematado. Déixovos agora unhas cantas imaxes do modelo para non perder o costume. Xa notaríades que modifiquei un pouco o deseño do blog para poder poñer imaxes máis grandes...
Boeno, e ata aquí chega polo de agora. Agardo que sexa do voso agrado e espero voltar pronto con máis cousas.
Saudos a todos! ;)
Anxo
7 comentarios:
Moi bonito! Xa dérame conta de que non eras de poñer fiestras con detalle pero neste quédanlle moi ben, realmente! Só duás cousiñas respecto á torre do reloxio: Por dentro a cupuliña non está pintada, e iso vese, non sei se vai así adrede, pero falta textura. A outra cousa, que atopei a trampa no reloxo: Dous están ao revés! xD
Só por avisar, o digo, que o modelo gústame moito. Teño que voltar por alí, pero non cando neve ;)
Un saúdo!
jajajaja... non se che escapa unha!, tes razón, o que pasa é que onte cando o rematei era tan tarde que xa nin me parei a revisar se ian cousa mal... :P
Alégrome de que che guste, e cando deixe de nevar e podas achegarte un día pola costa xa avisaras! ;)
Ála arranxado!, e aproveitei para correxir un par de cousas tamén. No das fiestras tes razón, non o fago porque teño medo de excederme cos polígonos... pero creo que a partir de agora vou ser máis minucioso con iso.. jeje, que o resultado merece a pena.
Saudos! ;)
Hola.
Conozco tu trabajo en Google Earth desde hace bastante tiempo y me alegré mucho de tu nominación para ser el modelador de Noviembre.
Ahora veo que sigues modelando Ferrol y te animo a que lo sigas haciendo y a este nivel. Me deja impresinado que tardes tan poco en hacer los modelos....yo lo intenté al principio del google earth pero lo dejé por inútil jaja.
Magníficos los modelos de la Plaza de España.
Muchas gracias tiotulo!, espero seguir agradando con mi trabajo. Y no te rindas con lo de los modelos, que no es tan dificil!
Un saludo!
wow...Me gustó mucho como te quedó!!!
parece más detallado de lo que está!!!
Gracias Cristobal! ;)
Publicar un comentario