Aquí traio uns poucos avances co modelo do Edificio Caixa Galicia. Estou aplicando texturas, e tamén podedes observar que estou dando bastante detalle ás fiestras, a ver se ao final o modelo non é moi pesado. Deixovos un par de imaxes para que vexades o progreso.
Polo de agora nada máis, espero voltar pronto co modelo xa rematado.
Saudos ;)
Anxo
3 comentarios:
Pois vai quedando ben, si.
Xa vexo que tes o GE6! Sinceramente, por agora non se nota moita diferencia, pero a ver cando comezan a poñer as árbores en serio! (por certo, eu non vexo nubes as nubes en 3D, desmotivoume un pouco -.-) E non debería aparecer en "Edificios 3D" a opción "Árbores"? A min non me aparece nada...
Un saúdo!
Moi boas Andrés, debe ser que o das nubes en 3D o deixan para outra. E o das árbores non aparece se tes o Google Earth en español, unha cousa que non me explico, xa que se cambias o idioma na configuración e o pos en inglés si que tes a opción. Mola bastante, alí onde as hai, o que non sei é canto tardarán en poñer árbores por aquí... dame a min que teremos que armarnos de paciencia. Por outra parte, a integración do street view está bastante ben.
Saudos, señor Armesto!, e a ver cando pon esas fotos! .. jeje ;)
Vale, xa aparece :D
Coincido co de Street View, e as fotos, a ver, vou poñendo entón xD
Un saúdo!
Publicar un comentario