viernes, 26 de noviembre de 2010

O 3D nos medios

Con todo este asunto das nominacións a Supermodelador e as votacións, o asúnto do 3D esta adquirindo niveles mediáticos que eu polo menos non esperaba. Si fai uns meses fixen a miñai primeira aparición en prensa, éstes días atrás repetín aparición por éste motivo na edición local de Ferrol da Voz de Galicia, pouco despois aparecín polo mesmo asunto no periódico da miña cidade, o Diario de Ferrol (e por sorte ésta vez puiden escoller eu a foto... :P ):


Pero o máis incrible é que me chamaron para facerme unha entrevista en Onda Cero Radio, tal e como vos comentei éstes días atrás. A entrevista foi a través de teléfono, xa que non puiden trasladarme aos estudios en Santiago, e durou apenas 5 mins... pero boeno, penso que a pesar do nerviosismo a cousa non foi mal de todo, e tal e como prometín, aquí a tedes:


Non deu para moito, así que sede benévolos coas vosas críticas... :)

Temos que dicir que non son o único o único que chamou a atención da prensa, Alsomar tivo tamén a súa ración mediática, con entrevista no Diario de Levante e tamén na radio (moito mellor ca miña, todo hai que dicilo... jejeje). E xa fora do asunto das eleccións a Supermodelador, hai máis modeladores que son noticia, como Aarmesto, que saiu recentemente en "La Región" de Ourense pola súa participación na feira tecnolóxica Galiciencia.

Penso que para unha xente que fai o que facemos de feito altruísta e desinteresado non está nada mal non??...

Un saudo a todos e graciñas!! ;)

Anxo

1 comentario:

Armesto dijo...

Oish, nombráchesme ^^
Pois si, a entrevista un pouco corta, e se te digo a verdade, fíxome moita graza: dixeches exactamente o que levo repetindo 3 días, cousa que supoño que era improvisada. Temos uns argumentos demasiado parecidos... A todo isto, estou pasando fotos, a ver cando as subo nun post. Os carteis do fondo son improvisado, perdonade o cutre do asunto (entenderalo cando vexas as fotografías).

Nada máis por agora, mediático! xD
Un saúdo! ;)