martes, 20 de julio de 2010

Novo modelo. Teneduría do Arsenal de Ferrol

Un pouco de história...

A antiga Teneduría do arsenal de Ferrol foi construida no século XVIII durante o reinado de Carlos III, continuador das grandes obras do Arsenal iniciadas no reinado de Alfonso VI e que se prolongarían sendo xa rei Carlos IV. O edificio da Teneduría é un interesante exemplo de arquitectura modular neoclásica na que destaca a adición dun pórtico de soportais na fachada que da á dársena. Como curiosidade habería que destacar os arcos transversais deste pórtico, dunha estilizada traza parabólica.


O edificio é actualmente sede das oficinas da Comandancia Xeral do Arsenal. Forma parte do conxunto de edificios situados xunto a Porta do Dique e contiguos tamén ao Dique da Campana. Na parte posterior do edificio hai un longo patio que o separa do antigo Penal de San Campio (hoxe Museo Naval e Biblioteca) e da residencia do almirante (antiga vivenda do Constructor e Xefe de Maestranzas do Arsenal).


O modelo...

O modelo abarca a zona comprendida entre o Dique da Campana e a fachada leste do edificio da Teneduría, lindando xa con o asteleiro de Navantia e o recinto do Museo Nacional da Construcción Naval. Tamén modelei a pasarela que o conecta coa Residencia do Almirante por encima do patio posterior, pensando en que nun futuro realizarei os edificios que se atopan nesa zona e así completar o conxunto. Tamén engadín unha pequena e moi antiga grúa que se atopa xusto no peirao que hai en fronte do pórtico.


Enlace á Galería 3d:


Unha das texturas que utilicei para os báculos de iluminación que hai xunto ao Dique da Campana están resultando un pouco rebeldes, xa que en GE non se mostran correctamente, pero bueno, tratarei de correxilo nunha próxima actualización :P

Como sempre, déixovos cunhas poucas imaxes do modelo en GE:










E todo polo de agora, ... en breve máis.

Saudos a todos! ;)

Anxo

No hay comentarios: