miércoles, 21 de julio de 2010

Rodolfo Ucha Piñeiro e o Modernismo de Ferrol.

Nos comezos deste blog (non moi lonxanos), publiquei sobre un dos primeiro edificios que modelei en 3D na miña cidade natal, o Teatro Jofre. Naquel artigo mencionaba que a autoría da fermosa fachada do teatro era do que de aquela era o arquitecto municipal de Ferrol, Rodolfo Ucha Piñeiro.


Rodolfo Ucha Piñeiro


Vigués de nacemento, veu a luz por primeira vez un 27 de setembro de 1882, ainda que sendo ainda un neno trasládase a Ferrol coa súa nai xa viuva. Xa mozo e despois dos seus primeiros estudos en Ferrol, Santiago e A coruña, trasládase a Madrid para estudar na Escola de Arquitectura da capital, onde en 1906 obtén o título. Tras rematar os estudios permanece en Madrid durante unha tempada traballando no estudio do arquitecto da Real Academia de Bellas Artes de San Fenando, Eduardo Fernández y Rodríguez. En novembro de 1908 retorna a Ferrol onde comezará a traballar como arquitecto municipal no ano 1909. É entón cando a cidade de Ferrol comeza a gañar en beleza grazas a man deste home e aos fermosos edificios que nos deixou. 

Prácticamente a totálidade da obra de Rodolfo Ucha Piñeiro enmárcase dentro do Modernismo ainda que a partír dos anos 30 os seus proxectos adáptanse aos tempos, ao Eclecticismo, ao Art decó e ao Racionalismo deixando notables obras en distíntas épocas e estilos, ainda que é co Modernismo onde mellor poderémos apreciar a mestría deste xenial arquitecto.



Fonda Suiza. 1910

Xa no ano 1910 podemos desfrutar de obras como a Fonda Suiza (actual Hotel Suizo) ou a fermosísisma Casa Romero, un dos edificios máis característicos da arquitectura modernista de Ferrol e do que eu mesmo realicei un modelo en 3D:



Casa Romero. 1910



Do ano 1911 é a Casa Munduate, na rúa Magdalena. O edificio de "El Correo Gallego", coa súa fachada de profusa e colorísta decoración vexetal, e as famosas Casas Pereira, tamén no barrio da Magdalena, son todos eles edificios construidos no ano 1912. O ano 1913 deixounos  obras como a Casa Brañas ou o espectacular Hotel Suizo, un edificio da mesma magnitude que a Casa Romero e construido xusto en frente da Fonda Suiza, realizada por Ucha apenas uns anos antes.


Edificio "El Correo Gallego". 1912

Unha das Casas Pereira. 1912

Alzado de Fachada orixinal do Hotel Suio coa firma de Rodolfo Ucha. 1913

Hotel Suizo. 1913


Ata o ano 1915 Rodolfo Ucha foi tamén arquitecto do Ministerio da Mariña, e foi a partir de ese ano que o modernismo comezou a decaer nas súas creacións. Ainda así deixou moitísimas máis obras destacables, que sería imposible enumerar na sua totálidade, xa que foi un arquitecto moi prolífico, tanto na sua faceta pública sendo Arquitecto Municipal ata o ano 1936, como na privada. 

Son obras súas edificios como Chalet Antón (1918), co seu particular mirador, ou o Casino Ferrolano, de 1921, que foi o primeiro edificio da cidade en utilizar o formigón armado na súa construcción.


Chalet Antón. 1918

Casino Ferrolano. 1921

Outras obras moi destacables que podemos mencionar de xeito resumido, son:

· Hotel Ideal Room (1917)
· Fachada do Teatro Jofre (1921)
· Peixería do Mercado Municipal (1923)
· Edificio Pita Saavedra (1939)
· Edificio Calvo Formoso (1939)


Ademáis foi autor dos edificios do "Banco de La Coruña", o Chalet de Canido, a Casa Bruquetas, A Casa Vázquez, a Casa Rodríguez Trigo, e moitos máis.... Non podemos deixar de mencionar tamén unha serie de obras pertencentes ao mobiliario urbán da cidade e xa desaparecidas, como o Café-Teatro "New England", que estaba situado na Alameda, ou os múltiples "kioskos" que foron situados en diferentes prazas da cidade. Do mesmo xeito podemos citar algúns proxectos que nunca se levaron a cabo, como o Chalet de de José Canalejas ou unha terceira Casa Pereira que se quedaron no papel. Un proxecto irrealizado que tamén é merecedor da nosa atención é un gran parque proxectado por Ucha para a zona comprendida entre a Praza de España e a estación de tren. De terse levado a cabo sería o parque máis grande da cidade, multiplicando por catro a superficie do parque Raiña Sofía.


"Banco de La Coruña" (Actual Café Bla-Bla)
Café-Teatro "New England" (desaparecido)

"Kiosko dos Valencianos" (desaparecido)

O magnífico e irrealizado plan de ordenación urbana (1929) de Santiago Rey Pedreira, incluindo o enorme parque proxectado por Rodolfo Ucha Piñeiro.


Trala Guerra Civil, Rodolfo Ucha Piñeiro exerceu a súa profesión de xeito particular ata o ano 1975, sendo Decano dos arquitectos colexiados, dos cales recibiría unha homenaxe no ano 1977 como recoñecimento á sua magnífica obra. Morrerá uns anos despois, un 27 de xaneiro de 1981, con xa case un século de vida e deixando tras de si un legado que ainda agora embelece a cidade de Ferrol.

Espero que este artigo sirva como un pequeno homenxe particular á sua figura, que nun futuro espero completar realizando máis modelos en 3D con algúnha das súas obras.


Anxo


Máis información:

Wikipedia (Galego) (Castelán)

No hay comentarios: