viernes, 24 de diciembre de 2010

Bo Nadal

Felices festas a todos!, espero que a pesar das crisis, as desgracias, o frio, a neve e todo iso que as veces nos amarga a vida, hoxe sexa un dia de felicidade coa xente que vos quere. Lembrade que o mellor da vida non se consigue con diñeiro... desfrutade moito, moito...



Unha aperta!


Anxo

jueves, 2 de diciembre de 2010

Novo modelo. Edificio Caixa Galícia.

Por fin rematei o modelo do edificio de Caixa Galicia na praza de España de Ferrol. Este edificio, xunto co edificio "Hollywood", a Biblioteca e o "Edificio Criado" (ainda por modelar) forman e debuxan o skyline máis característico e recoñecible de Ferrol.


O edificio de Caixa Galicia, antigo edificio da Caixa de Aforros e Monte de Piedade de Ferrol, foi deseñado polo arquitecto Nemesio López Rodríguez e construido en dúas fases. A primeira cara a rua Galiano en 1941 e a segunda cara a rúa María en 1951. O edificio albergou ademáis o Sanatorio "San Javier" que foi tamén Casa de Socorro. Actualmente pertence á Novacaixagalicia, a caixa resultante da fusión de Caixa Galicia e Caixanova, polo que o característico luminoso que remata o edificio probablemente desaparecerá nun futuro próximo, privando ao conxunto dun dos seus elementos característicos.

O modelo é un dos máis pormenorizados que elaborei ata o de agora, xa que tódalas fiestras están modeladas e ten multitude de detalles.


Enlace á galería 3D: Edificio Caixa Galicia

Probáblemente precise dalgunhas correccións que realizarei máis adiante, sobre todo na escala da torre do reloxio, pero polo de agora creo que o resultado é bastante aceptable así que dou o modelo por rematado. Déixovos agora unhas cantas imaxes do modelo para non perder o costume. Xa notaríades que modifiquei un pouco o deseño do blog para poder poñer imaxes máis grandes... 






Boeno, e ata aquí chega polo de agora. Agardo que sexa do voso agrado e espero voltar pronto con máis cousas.

Saudos a todos! ;)


Anxo

miércoles, 1 de diciembre de 2010

Avances co novo modelo. Edificio Caixa Galicia

Aquí traio uns poucos avances co modelo do Edificio Caixa Galicia. Estou aplicando texturas, e tamén podedes observar que estou dando bastante detalle ás fiestras, a ver se ao final o modelo non é moi pesado. Deixovos un par de imaxes para que vexades o progreso.



Polo de agora nada máis, espero voltar pronto co modelo xa rematado.

Saudos ;)

Anxo