lunes, 28 de febrero de 2011

Renderizados con Artlantis.

Ola de novo a todos. Como veño comentando éstes días, estou comezando a utilizar Artlantis para facer algunhas probas de renderizado con algúns dos meus modelos, e a verdade é que o resultado é moi satisfactorio, ademais de ser treméndamente rápido comparado con outros programas, como por exemplo o Kerkythea, que era o que viña usando ata o de agora. Para probalo utilicei un modelo antigo que tiña por ahí gardado dun edificio que ideei e realicei con SketchUp e do que vos deixo un par de imaxes:



Despois de meter o modelo en Artlantis, e logo dun rápido editado dos materiais, a luz, ou o ceo (do que teño que dicir que me agradan moito as posibilidades e os controis de editado que ofrece o programa) realicei varios renderizados do edificio sin que ningún deles levase máis de 2 minutos (nalgúns caso incluso menos de 1 minuto!!!) dos que aquí deixo algúns para que podades xulgar por vos mesmos:





Incluso pódense realizar tomas interiores sen necesidade de variar os axustes de luz, xa que o programa se encarga de realizalos automáticamente:



Como vedes, non están nada mal, e para o resultado que se obten a velocidade de procesado das imáxes é rapidísima, si ben hai que dicir que neste caso en ningunha delas utilicei o filtro de "antialiasing" para refinar as imaxes un pouco máis, o que acorta tamén o tempo de renderizado.


Resumindo, para min un agradable descubrimento, un programa sinxelo, rápido e eficaz que vos recomendo (e que conste que non recibo comisión ningunha, hehehe).

Saudos ;)


Anxo

miércoles, 23 de febrero de 2011

Máis sobre Artlantis e a Cidade Imaxinaria. Uso de PNG

Ola de novo, onte publiquei sobre o programa Artlantis e mencionaba alguna cousa sobre o uso das texturas PNG nos programas de renderizado. Pois grazas a Aarmesto que me pasou o seguinte vídeo, descubrín como usar ese tipo de texturas en Artlantis:


Así que me faltou tempo para probalo con algúna das texturas da cidade imaxinaria que usei para probar os renderizados, e aquí tedes os resultados:


Estáme gustando o asunto éste, así que seguramente retome o modelado desta cidade, aínda que sexa de forma temporal. Déixovos unhas cantas imaxes máis, a ver que vos parecen:



E ata aquí polo de agora. Graciñas Andrés polo vídeo, xa ves que funcionou!

Saudos a todos! ;)

Anxo

A Cidade Imaxinaria. Artlantis

Fai tempo que escoito falar de Artlantis, non é o nome de ningunha cidade imaxinaria, é o nome dun programa de renderizado co que fai tempo que tiña ganas de meterme a fondo, pero como ata o de agora sempre utilicei Kerkythea, nunca encontrei o momento de botarlle un vistazo. Despois de ver varios traballos de outros modeladores como Alsomar ou Aarmesto, entre outros, ao final decidinme a investigar un pouco, e a verdade é que quedei moi satisfeito coa facilidade do uso e a calidade e rapidez dos resultados.

A cuestión é que para probar o programa en cuestión, utilicei un modelo co que fai moito tempo que veño traballando nos meus ratos libres. Non está nin moito menos rematado, e de feito pasa máis tempo gardado no caixón das cousas pendentes que en elaboración. De vez en cando volvo a el e doulle un par de voltas por aquí e por alá... así que como poderedes ver, é unha cousa en constante evolución que non sei se algún día rematerei.

O modelo en cuestión é o verdadeiro motivo desta publicación. É unha cidade imaxinaria (esa que menciono no título), sen nome, situada nun lugar perdido nas montañas, xunto a uns lagos. O sitio busqueino en Google Earth, un pouco ao chou... pero atopei un lugar que me cautivou e ali decidín levantar esta cidade que non existe, e que agora mostro por primeira vez. Que mellor ocasión para estrenar o Artlantis?



Este primer render mostra o exterior das murallas da cidade visto dende o Norte, onde se pode apreciar a alta torre ceremonial que preside o val sobre o que se atopa. Na seguinte imaxe podemos vela dende o Oeste, onde tamén podemos apreciar parte do interior da cidade por detrás dos muros:


Como vedes faltan moitas texturas e terei que adaptar o modelo para os renderizados, xa que as texturas PNG non funcionan corréctamente con este tipo de programas. Agora deixovos un par de imaxes dende dentro das murallas, sobre o lago interior xunto ao que se levanta a cidade. Todos os edificios teñen o seu motivo de ser e a súa utilidade (todo imaxinario por suporto). Se un día continúo con isto tal vez conte máis polo miudo os detalles sobre a cidade, pero iso será máis adiante...

Por certo, que si pinchades nas fotos verédelas en mellor calidade.



Agora xa sabedes onde perdo o tempo de vez en cando... hehehe. Os renders son de primeirizo, que ainda non lle collín o tranquillo ao Artlandis, pero creo que o resultado é bastante aceptable polo de agora e recomendo moi encarecidamente este programa. Espero que vos guste a miña cidade imaxinaria (que non sei se rematarei algunha vez)

Por certo,... ainda non ten nome... algunha idea?

Saudos a todos ;)


Anxo

sábado, 19 de febrero de 2011

Novo modelo. O Café Marte

Ola de novo, volvo cun novo modelo no Paseo da Mariña. Desta vez trátase dun pequeno edificio de estilo racionalista no que se atopa o Café Marte. Está situado entre as rúas do Cristo e Benito Vicetto. Esta construcción é unha peza máis na fachada marítima do barrio de Ferrol Vello.


Realicei o modelo co nivel de detalle que ven sendo habitual últimamente, tal e como podedes ver a continuación:



E agora con texturas:


A pesar do detalle de modelado e o nivel das texturas conseguín que o modelo pese tan so 298 Kb en Google Earth, o que non está nada mal.

Aquí tedes o modelo co enlace á Galería:



E como non, as imaxes habituais...





E aquí remato por hoxe, seguramente o proximo modelo non estará moi lonxe destes, por aquelo de completar o conxunto. Espero voltar pronto con máis.

Saudos a todos! ;)

Anxo

martes, 15 de febrero de 2011

Novo modelo. Máis edificios no Paseo da Mariña

Ola de novo. Estou en racha e non quero desaproveitalo, así que como non quería deixar o modelo anterior tan solitario, modelei un par de compañeiros. Son un par de edificios anexos ao anterior, sendo un deles a sede da Asociación de Veciños do barrio de Ferrol Vello. Outra peza na fachada marítima que da ao peirao de Curuxeiras.


O modelo comprende os dous edificios e o traballo resultou moito máis sinxelo debido á configuración simple dos mesmos.



A imaxe do seu compañeiro de maior altura, o edificio da Asociación de Veciños tamén está construido sobre unha das rúas do barrio, neste caso a pequena rúa do Curro. 



E como non, as acostumadas imaxes do modelo en Google Earth:




E ata aquí polo de agora. Creo que vou seguir modelando por esta zona da cidade no futuro próximo, aínda que teño máis modelos na cabeza por outros lares. Veremos por onde saio a próxima vez... ;)

Saudos!

Anxo




Ferrol Vello declarado BIC. Novo modelo no Paseo da Mariña.

Aquí estou de novo cunha moi boa nova. Despois de moitos, moitos anos de trámites o barrio de Ferrol Vello foi por fin declarado BIC pola Xunta de Galicia. Orixe da cidade de Ferrol éste barrio mariñeiro atopábase en completo estado de abandono e ruina. E aínda que xa se perderon varios edificios singulares son moitos aínda os que por sorte están a tempo de ser salvados.

Delimitación do BIC de Ferrol Vello.

O barrio articúlase en torno ao antigo trazado de rúas da vila orixinal de San Xiao de Ferrol, poboación mariñeira anterior aos arsenais e os asteleiros, unha pequena vila de pescadores que aínda conserva nalgunhas das súas rúas ese ambiente propio dos pequenos pobos pesqueiros galegos, como podedes apreciar nas seguintes imaxes deste fermoso e esquecido recuncho de Ferrol:



Foto de: borreiroscm

Por sorte aínda chegamos a tempo para recuperar este tesouro esquecido, e para celebralo, que mellor que un novo modelo?. Pois aquí o tedes, un dos edificios máis singulares do Paseo da Mariña, dentro de Ferrol Vello e parte da fachada marítima do barrio.


O edificio, a parte de ser o máis alto do entorno do peirao de Curuxeiras, está construido sobre a confluencia da Rúa Carmen Curuxeiras co Paseo da Mariña, que se resolveu cun paso que atravesa a construcción polo medio. É tamén destacable o feito de que o Camiño Inglés de peregrinación a Santiago de Compostela comeza exactamente neste punto, xusto debaixo do arco de entrada á rúa Carmen Curuxeiras. Coidei o detalle do modelo tal e como veño facendo nos meus últimos traballos, modelando a práctica totalidade das fiestras do edificio, tal e como podedes apreciar nestas imaxes sen as texturas:





Aquí tedes unhas imaxes do modelo con textura e o enlace na galería 3D:




E agora, e xa para rematar esta longa publicación de hoxe, as acostumadas imaxes do modelo e o seu entorno en GE:





E isto é todo por hoxe, agardo que vos guste. Espero voltar pronto con máis modelos.

Saudos a todos ;)

Anxo.