lunes, 28 de febrero de 2011

Renderizados con Artlantis.

Ola de novo a todos. Como veño comentando éstes días, estou comezando a utilizar Artlantis para facer algunhas probas de renderizado con algúns dos meus modelos, e a verdade é que o resultado é moi satisfactorio, ademais de ser treméndamente rápido comparado con outros programas, como por exemplo o Kerkythea, que era o que viña usando ata o de agora. Para probalo utilicei un modelo antigo que tiña por ahí gardado dun edificio que ideei e realicei con SketchUp e do que vos deixo un par de imaxes:



Despois de meter o modelo en Artlantis, e logo dun rápido editado dos materiais, a luz, ou o ceo (do que teño que dicir que me agradan moito as posibilidades e os controis de editado que ofrece o programa) realicei varios renderizados do edificio sin que ningún deles levase máis de 2 minutos (nalgúns caso incluso menos de 1 minuto!!!) dos que aquí deixo algúns para que podades xulgar por vos mesmos:





Incluso pódense realizar tomas interiores sen necesidade de variar os axustes de luz, xa que o programa se encarga de realizalos automáticamente:



Como vedes, non están nada mal, e para o resultado que se obten a velocidade de procesado das imáxes é rapidísima, si ben hai que dicir que neste caso en ningunha delas utilicei o filtro de "antialiasing" para refinar as imaxes un pouco máis, o que acorta tamén o tempo de renderizado.


Resumindo, para min un agradable descubrimento, un programa sinxelo, rápido e eficaz que vos recomendo (e que conste que non recibo comisión ningunha, hehehe).

Saudos ;)


Anxo

2 comentarios:

Andrés Armesto Cortiña dijo...

Wow, bo edificio. Se veras os que invento eu, as trapalladas que son...

Eu sempre fago os renders con antialising, supón algo máis de tempo, pero o resultado sempre queda máis real... ao gusto de cada quen, claro.

Un saúdo! ;)

Trasancos dijo...

Graciñas Andrés, o do aintialiasing non o usei porque tampouco era nada serio, simplemente estaba probando, que para o que é ben valeu. Pero co pouco tempo que tarda non creo que por un par de minutos máis pase nada hehehe ;)