Aquí estou de novo con algúns renderizados dalgúns dos meus modelos. A pesar de que aínda faltan moitas cousas no entorno da dársena de Curuxeiras do porto de Ferrol, hai xa suficientes modelos como para crear un conxunto recoñecible: o Baluarte de San Xoán, o Cuartel de Instrucción, a Dársena de Curuxeiras (coa lonxa, os Xardíns da Ranita e o edificio de prácticos), a Autoridade Portuaria e algúns edificios no Paseo da Mariña. Así que decidín pasar os modelos polo filtro de Artlantis e aquí tedes o resultado (tras algunha proba fallida de tintes caribeños):
Pinchando nas fotos gañan en tamaño...
Pinchando nas fotos gañan en tamaño...
E ata aquí os renderizados, espero que sexan do voso agrado, aínda que sei que hai moito que mellorar. Agora estou preparando algún novo modelo e ademais teño en mente cumplir unha promesa que fixen para colaborar con outro modelador e que xa vai sendo hora de cumplir, que un é prisioneiro das súas palabras, e eu non vou ser menos. :P
En breve máis.
Saudos ;)
Anxo
2 comentarios:
Moi bonitos os renders! eu os tintes azuis que da o Artlantis os corrixo baixando a luz do ceo, os tintes parécenme moi irreais. Igualmente, quedaron ben. Aínda que estráname un ceo tan despexado sendo o norte da Galiza :P
Un saúdo!
Home, pois graciñas polo consello sobre a luz!, pero vas ter que ir máis veces a Ferrol polo verán, que dias como eses non son tan raros!... hehehe ;)
Publicar un comentario