domingo, 13 de marzo de 2011

Sobre árbores, renderizados e colaboracións.

Fai tempo xa que o amigo Aarmesto solicitou axuda para modelar unhas árbores na Praza Maior de Lugo. Eu ofrecinme gostoso, se ben teño que recoñecer que me demorei bastante e cumplir o meu ofrecemento e foi necesario algún que outro "recordatorio" para que me decidise a cumplir o que dixen. Finalmente cumplín coa miña palabra e modelei 3 especies de árbores baseándome nas fotografías que me facilitou Andrés:




Subín o modelo coas 3 árbores á Galería 3D, poñendo como colaborador a Aarmesto, que para iso foi o precursor do asunto, e ademais así os modelos son públicos para que se podan utilizar por calquera.



E sin deixar de falar do señor Andrés Armesto, teño que agradecerlle o seu consello sobre o uso da luz nos renderizados con Artlantis, grazas a el podedes apreciar o antes e o despois nas seguintes imaxes do porto de Ferrol:

Antes:

Despois:

E ata aquí todo polo de agora, dicir simplemente que xa teño algún modelo novo no forno do que espero poder publicar en breve.

Saudos a todos ;)

Anxo

2 comentarios:

Andrés Armesto Cortiña dijo...

Mira que ben está quedando grazas ás árbores! ^^ http://bit.ly/fuyJGi

E o do render, si, mellora moito ;)

Un saúdo!

Trasancos dijo...

Está quedando xenial!

O render si que mellora, aínda que pode mellorar máis, pero iso xa o deixo para os seguintes, que xa lle vou collendo o aquel ao Artlantis.

;)