miércoles, 23 de marzo de 2011

Modelo en progreso. A Casa Danzante. Praga

Confirmando as sospeitas de varios de vos, si, o novo modelo no que estou traballando é a Casa Danzante (The Dancing House) de Frank Gehry. Así é como se coñece a este edificio, sede de Nationale-Nederlanden na capital da República Checa, Praga. Coñezo o edificio en persona, e quería algo especial para o meu primeiro modelo internacional, por iso o escollín.


Supoño que agora entenderedes porque dicía que era un modelo complicado. A verdade é que está resultando bastante laborioso, incluso máis do esperado. O certo é que está resultando todo un "traballo de chinos", xa que as complicadas superficies das fachadas están requerindo dun traballo moito máis minucioso do desexado. De tódolos xeitos xa fixen algún avance do que vos deixo algúnhas imaxes para que xulguedes vos mesmos o progreso na modelaxe.




Como vedes, aínda queda moito por facer. Todavía non sei moi ben como abordar a galería acristalada da fachada norte, o máis complicado con diferencia de todo o modelo. Todo será poñerse... :P

En canto teña máis novidades volverei para dar conta delas. Espero que vos agrade como vai o traballo.

Saudos e graciñas a todos ;)


Anxo

2 comentarios:

Andrés Armesto Cortiña dijo...

Boas!
Parece que non ía desencamiñado... :P Pois está quedando moi ben,e contando con que ten a súa complicación, ten moito mérito. Pra galería acristalada, non sei que tal quedaría facela algo transparente e modelar por encima o interior, foi un recurso que usei no Pazo dos Deportes de Lugo (escibirei no blog diso hoxe a noite, espero). Pero bueno, deséote sorte co modelo!

Un saúdo ;)

Trasancos dijo...

Pois si, non ias nada desencamiñado... :)

Estarei atento ao teu blog, porque o que dis tamén se me ocorreu a min, pero ainda teño que pensalo.

Saudos. ;)