martes, 22 de marzo de 2011

Modelo en progreso. Marchamos ao estranxeiro!!

Pois si, xa teño un novo modelo no forno, e desta vez imos un pouco máis lonxe e saimos, de Ferrol, de Galiza e de España. Xa ia sendo hora de facer algo internacionalmente, polo menos como Trasancos, porque dende imaxefree xa fixen algúna cousiña polo estranxeiro. 

Para tan excepcional ocasión decidinme por un edificio singular e moi arriscado. Con toda seguridade vai ser o modelo máis complicado dos que fixen ata o de agora, xa que aínda que non é excesivamente grande é treméndamente enrevesado. Polo de agora non vou adiantar moito máis, xa que aínda falta moito por facer, e ainda que algo xa está modelado, falta o máis complicado e prefiro non darlle moito bombo aínda, porque seguramente ainda me leve bastante tempo.

Símplemente vou deixar a modo de pista unha imaxe do xa realizado coa que moitos xa adiviñaredes de que se trata... :P


A que xa o sabedes?... ;)

Saudos a todos.


Anxo

4 comentarios:

Armesto dijo...

Boas Anxo! Vexo que andas "danzando" polo mundo 3D adiante en busca de novos modelos!

Sorte con este, que coñecéndoo, ten pinta de dificil, si... (supoño que a referencia ao edificio é obvia, non?) ;)

Un saúdo e moita sorte!!

Trasancos dijo...

Mais que acertada esa referencia señor Armesto!... hehe ;)

Si que é complicado, si... pero xa fixen algún avance que publicarei en breve. Todo un reto... :)

Armesto dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Armesto dijo...

Aquí o agardo ;)