miércoles, 11 de junio de 2014

Volvendo á cidade imaxinaria.

Estou de volta, despois de máis de un ano dende a última vez. Moitas cousas pasaron dende aquela e espero retomar o blog e publicar con máis periodicidade para contarvos todas as novidades e cambios que aconteceron durante todo este tempo, que non foron poucos.

O motivo deste retorno é que dende fai uns días volvín a traballar nun proxecto personal do que xa falei aquí en varias ocasións e no que levo traballando intermitentemente dende fai varios anos, a cidade imaxinaria. Unha cidade, todavía sen nome, e que dende a última vez que publiquei sobre ela, cambiou bastante, así que penso que é unha boa ocasión para poñer todo ao día.

Tede en conta que este é un traballo todavía en progreso e sen rematar, e que todo é susceptible de cambiar ou ser mellorado. Os renders que vou a poñer a continuación están feitos con V-ray e levan uns pequenos axustes con Photoshop, pero ao ser imaxes dun traballo a medio facer, non son, nin moito menos, definitivos. E dito isto e, como sempre se di, as imaxes valen máis que as palabras, así que procedo a poñer algunhas delas mostrando o estado actual.

Empezamos cunhas cantas imaxes xerais onde xa se pode apreciar que o modelado avanzou considerablemente:




Para darlle máis vida e máis detalle ás rúas, decidín incluír un mercado cos seus postos de venta e algúns detalles que aportan máis realismo ao conxunto.




Tamén os propios edificios gañaron en detalle de modelado.


Desta maneira o conxunto xeral da cidade gaña cada vez máis en credibilidade.



De todas as novidades que hai, a maior delas é que, se ben nun principio a cidade concebiuse nos altos cumios dunhas montañas, decidin achegala ao mar, de tal forma que agora hai unha bahía xunto a cidade. Nesta bahía, e algo afastado da cidade, creei un porto co seu barrio mariñeiro, onde en orixe puido haber unha pequena vila mariñeira que foi medrando co paso do tempo.




Esta parte, máis recente, aínda non está completamente definida, pero xa vai tomando forma.




Polo de agora, isto é todo (que non é pouco). Espero volver con máis asiduidade por estos lares, e así mantervos ao día deste proxecto, e de  todo o que vaia aparecendo polo camiño.

Ata aquí chega este retorno por hoxe, espero que vos guste, si é que aínda queda alguén por aí!


Saúdos! ;)