miércoles, 29 de agosto de 2012

SketchUp. Nova imaxe.


Despois de que Google vendese SketchUp a Trimble, algo que para moitos foi unha noticia inesperada que axitou a toda a comunidade de modeladores 3D ao longo do mundo, chegan os primeiros cambios "visibles", literalmente, porque o primeiro cambio salientable é que mudou a imaxe de SketchUp, novo logo, nova imaxe na web e no blog oficial.


Tamén temos unha nova actualización, sen mais novidade visible (en principio) que a de incluir o cambio de imaxe nos logotipos e iconos de escritorio e arquivos. Polo de agora a nova actualización (que deron en chamar M4) so está dispoñible en inglés, pero podedes descargala na páxina oficial. 

Eu non esperei... :P




Novo Modelo. Parc Esportiu Llobregat. Cornellá.



O Parc Esportiu Llobregat en Cornellá, é un complexo deportivo deseñado polo prestixioso arquitecto Álvaro Siza, sendo a súa obra máis representativa no entorno de Barcelona. O singular edificio acolle diferentes instalacións deportivas, que inclúen un polideportivo con capacidade para 2.500 espectadores, varias salas multiusos para actividades e un complexo acuático con 2 piscinas, unha exterior e outra interior climatizada.


Son moi remarcables as piscinas, que xogan, arquitectónicamente falando, co diálogo entre interior e exterior resultando unha a continuación da outra pero sen chegar a tocarse, separadas por unha fina lámina de vidro. O espacio elíptico que acolle a piscina interior é tamén moi espectacular, sen perder a limpeza e pureza de liñas que caracterizan a obra de Siza. Combina iluminación artificial e natural que entra a traves de lucernarios circulares na cúpula que cubre o recinto.

O modelo abarca a totalidade do complexo deportivo, e tamén os árbores da zona axardinada ao redor das edificacións. Debido ás novas normas para a aceptación dos modelos na capa 0 de Google Earth, os árbores foron separados do modelo principal e subidos independentemente en 2 partes.



Aquí vos deixo tamén unhas cantas capturas do modelo que incluen tamén as árbores:







E de regalo unhas cantas imaxes do modelo en Google Earth:





E isto é todo, espero que sexa do voso agrado.

Saudos ;)

Anxo

lunes, 20 de agosto de 2012

WIP. A Catedral de Santiago de Compostela. Retomando o traballo

Despois de todos estes meses sen apenas dar sinais de vida, finalmente retomei o traballo de modelado coa Catedral de Santiago, algo que levaba completamente parado desde finais de marzo.


Como podedes ver na imaxe, a principal novidade é que por fin me decidín coas escaleiras da fachada do Obradoiro, algo que por motivos absolutamente aleatorios, quedara postergado durante todo o modelado. Ainda non están rematadas e faltan pequenos detalles, como algún dos remates da intrincada forxa da verxa que pecha a escaleira ou as estatuas que se sitúan en algúns puntos, entre outras cousas. Teño que mencionar que o traballo con Photoshop para recrear as texturas da verxa levou prácticamente o 95% do tempo que invertín no modelado das mesmas.... un pequeno pesadelo, a dicir verdade, pero creo que o resultado mereceu a pena. Xulgade vos mesmos a ver que vos parece:





Aquí vos deixo tamén unhas cantas imaxes da praza do Obradoiro coas escaleiras, para que vexades que tal vai quedando todo o conxunto.



Como vedes, tamén avancei lixeiramente coas texturas do Pazo Episcopal, pero ainda queda moito traballo por facer antes de dar o modelo por rematado.

Próximamente máis (espero que sen moita demora), ;)

Saudos,

Anxo


"Y no estaba muerto, no, no,...."




Pois non, non estou morto, desaparecido si, pero vivo, san e salvo. Por moitísimos motivos que non vou relatar aquí, estiven apartado durante todos estes meses da actividade do modelado e tamen deixei un pouco abandonado á sua sorte este blog.

Os motivos desta volta son varios, o máis importante é que retomei na medida do posible o modelado 3D, e con el o traballo co modelo da Catedral de Santiago, do que publicarei algún pequeno avance nas seguintes entradas. Outro motivo é que pasaron moitas cousas durante esta "ausencia" que no seu momento eran merecedoras dalgún comentario por estos lares, como a venda de SketchUp a Trimble, algo que removeu os cimentos da comunidade de xeomodeladores en 3D de Google, e da que ainda moitos estamos en proceso de adaptación. O feito de non ter comentado nin o máis minimo o tema é unha espiniña que quería quitarme.... esa e moitas máis.


Non vou aburrir con máis explicacións. Estou de volta e, na medida do posible, intentarei darlle algo de vida ao blog. :)

Pois iso, vémonos dentro de pouco por acó, si é que seguides aí! :D


Saudos!



Anxo