lunes, 20 de agosto de 2012

WIP. A Catedral de Santiago de Compostela. Retomando o traballo

Despois de todos estes meses sen apenas dar sinais de vida, finalmente retomei o traballo de modelado coa Catedral de Santiago, algo que levaba completamente parado desde finais de marzo.


Como podedes ver na imaxe, a principal novidade é que por fin me decidín coas escaleiras da fachada do Obradoiro, algo que por motivos absolutamente aleatorios, quedara postergado durante todo o modelado. Ainda non están rematadas e faltan pequenos detalles, como algún dos remates da intrincada forxa da verxa que pecha a escaleira ou as estatuas que se sitúan en algúns puntos, entre outras cousas. Teño que mencionar que o traballo con Photoshop para recrear as texturas da verxa levou prácticamente o 95% do tempo que invertín no modelado das mesmas.... un pequeno pesadelo, a dicir verdade, pero creo que o resultado mereceu a pena. Xulgade vos mesmos a ver que vos parece:





Aquí vos deixo tamén unhas cantas imaxes da praza do Obradoiro coas escaleiras, para que vexades que tal vai quedando todo o conxunto.



Como vedes, tamén avancei lixeiramente coas texturas do Pazo Episcopal, pero ainda queda moito traballo por facer antes de dar o modelo por rematado.

Próximamente máis (espero que sen moita demora), ;)

Saudos,

Anxo


2 comentarios:

miguel sabalza marchueta dijo...

Trabajo para la vuelta a España de ciclismo. Este año el final de la vuelta es en Santiago, estamos haciendo un montaje de como quedaría la plaza y me gustaría saber si hay alguna forma de conseguir los edificios de la Plaza del Obradoiro en 3D. Un saludo y muchas gracias por tu tiempo

miguel sabalza marchueta dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.