miércoles, 29 de agosto de 2012

Novo Modelo. Parc Esportiu Llobregat. Cornellá.



O Parc Esportiu Llobregat en Cornellá, é un complexo deportivo deseñado polo prestixioso arquitecto Álvaro Siza, sendo a súa obra máis representativa no entorno de Barcelona. O singular edificio acolle diferentes instalacións deportivas, que inclúen un polideportivo con capacidade para 2.500 espectadores, varias salas multiusos para actividades e un complexo acuático con 2 piscinas, unha exterior e outra interior climatizada.


Son moi remarcables as piscinas, que xogan, arquitectónicamente falando, co diálogo entre interior e exterior resultando unha a continuación da outra pero sen chegar a tocarse, separadas por unha fina lámina de vidro. O espacio elíptico que acolle a piscina interior é tamén moi espectacular, sen perder a limpeza e pureza de liñas que caracterizan a obra de Siza. Combina iluminación artificial e natural que entra a traves de lucernarios circulares na cúpula que cubre o recinto.

O modelo abarca a totalidade do complexo deportivo, e tamén os árbores da zona axardinada ao redor das edificacións. Debido ás novas normas para a aceptación dos modelos na capa 0 de Google Earth, os árbores foron separados do modelo principal e subidos independentemente en 2 partes.



Aquí vos deixo tamén unhas cantas capturas do modelo que incluen tamén as árbores:







E de regalo unhas cantas imaxes do modelo en Google Earth:





E isto é todo, espero que sexa do voso agrado.

Saudos ;)

Anxo