viernes, 20 de mayo de 2011

Democracia real xa!



Os españois de tódalas ideoloxías, idades e condicions sociais están fartos, cansos da democracia desvirtuada e deturpada na que vivimos, onde os que mandan e gobernan realmente son os bancos e as grandes corporacións empresariais... entidades non democráticas, non escollidas de ningunha forma lexítima, que fan inútiles os votos de tódolos cidadáns e que ademais son os principais culpables da crisis atroz que están pagando tódolos españois.

Os políticos deste país están ao servizo destas entidades, cando realmente tiñan que estar ao servizo do pobo que lexitima e democráticamente os escolleu. O pobo españole cree na democracia e quere que funcione, que o seu voto sirva de verdade, que os votos de todos teñan o mesmo valor. A democracia reside na soberanía do pobo e os españois decidiron que é hora de exercer esa soberanía de viva voz, con libertade, coherencia, sentido común e sen violencia, pacíficamente, ocupando as prazas das súas cidades para demostrar a súa indignación e a súa necesidade dunha democracia real, xusta e que funcione.

A Porta do Sol de Madrid, praza emblemática da capital española, o km. 0 das estradas e camiños de todo o estado, converteuse no centro neurálxico deste movemento pacífico.


Fai uns meses formamos un grupo de modelado 3D sen ánimo de lucro chamado Corchopan Modelers. Dende que comezaron as movilizacións plantexámonos seriamente a posibilidade de realizar un modelo 3D para intentar contribuir cunha maior visibilidade ao movimento cidadán DEMOCRACIA REAL YA. Uns días de traballo colaborativo deron como resultado a representación 3D das manifestacións e concentracións da Porta do Sol de Madrid. Pretendemos deixar constancia de que, incluso en Google Earth, os españois están fartos. 



Modelo 3D | Enlace a Google Earth

Graciñas a todos por estar ahí, graciñas a todos por apoiarnos, pero sobre todo, grazas a os que estades nas prazas dando unha lección de democracia, civismo e liberdade ao mundo enteiro!


sábado, 14 de mayo de 2011

Unha de cal e outra de area... (1.5/2).

Ola de novo,

Esta ia ser unha publicación "antonima" da anterior, falando de cousas boas e dalgúnhas novidades técnicas que chegaron ás miñas mans e que me animaron a reanudar o traballo... Pero como dixen fai un par de días, cando falaba dos dous modelos que foron rexeitados despois de que eu os actualizase, agardaría para ver si algún modelo máis era "nominado"... Pois iso fixen e non me trabucaba. 4 modelos máis foron rexeitados polos revisores da Galería 3D. 

Ben, antes de continuar teño que advertirvos de que esta vai se unha publicación bastante longa, na que penso explicar e argumentar por que penso que o sistema de valoración de Google me parece en ocasións excesivamente aleatorio, pouco xusto e incoherente.

Primeiro de todo, ainda que xa o fixen antes, vou relatar brevemente os antecedentes para poñernos en situación:

O 5 de Abril deste ano, as imaxes de satélite da zona de Ferrol foron actualizadas despois de varios anos sin cambios. Isto, que en principio é unha boa nova, provocou que a totalidade dos modelos que teño en Ferrol, (máis de 45) quedasen desplazados da posición que deberían ocupar nas novas imaxes.

Despois de agardar uns días a que Google posicionase de xeito automático algúns modelos (foron 4), tomeime a molestia de reposicionar eu os que quedaban, e de paso actualizar as imaxes do terreno modelado nalgúns deles, tal e como vos comentei fai uns días.

Pois ben, o resultado foi que de primeras 2 modelos foron rexeitados, e agora xa son 6 en total. A saber:

- Sala de Armas do Arsenal de Ferrol
- Porto de Ferrol. Dársena de Curuxeiras e Xardíns da "Ranita"
- Ermida de Sta. María de Caranza
- Auditorio de Ferrol
- Arsenal de Ferrol. Edificios da zona do Parque
- Porto Chico. Arsenal de Ferrol

Agora vou a relatar os motivos que me deron dende Google para rexeitar cada un dos modelos e explicarei por que penso que a decisión é inxusta e pouco coherente.

...
Sala de Armas do Arsenal de Ferrol
Motivo: Terreno demasiado alterado
Estado: Borrado da capa 0




Este modelo estaba aceptado na capa 0 de Google Earth dende o ano 2006. O terreno engadido que o circunda correspóndese cun tramo modelado do paseo marítimo da dársena de Curuxeiras, a Praza de Armas fronte a fachada principal e os peiraos correspondentes dentro do Arsenal. Os únicos cambios realizados na última actualización foron: mudar as imaxes que usei como texura do terreno para que coincidisen coas novas, e modificar lixeiramente a parte do terreno que coincidía co modelo adxacente da Dársena de Curuxeiras, para que se axustasen perfectamente (incluso mellor do que estaba antes). 

Como xa dixen en múltiples ocasións, a representación do relevo e do terreno na zona de Ferrol non é moi precisa, e na zona do porto é os peiraos mopito menos ainda, polo que é necesario modificar o terreno para aproximalo o máis posible á realidade do entorno.Non entendo porque si durante anos valeu tal cual, agora non sirve. Si o modelo do Baluarte de San Xoán que ten unha modificación do terreno moitísimo máis extensa si foi aceptado despois da actualización, porqué este non?


...
Estado: Borrado da capa 0


O modelo estaba aceptado na capa 0 dende Febreiro de 2010. Tal e como acontece co caso anterior, o terreno correspóndese aos peiraos da dársena de Curuxeiras e ás zonas circundantes, sempre adaptándose á realidade do lugar. Do mesmo xeito, os únicos cambios realizados foron exactamente os mesmos que no caso anterior. A miña pregunta é a mesma, si antes valía, porqué agora non?

En canto aos complementos, o modelo pesa na súa totalidade en Google Earth 2 Mb, que é un peso relativamente baixo e aceptable para un modelo desta magnitude. Os complementos que ten son exáctamente os mesmos dende que foi subido por primeira vez á Galería 3D, xa que non engadín nada dende entón. Si ata o de agora o modelo estaba aceptado na capa 0, sigo sin comprender porqué agora non o está. Sobre todo si temos en conta que en Google Earth podemos atopar modelos como éste, éste, éste ou éste.... entre miles de exemplos máis.

...
Estado: Non aceptado


Ein???... acaso non se poden usar as texturas de SketchUp??. Vale, non é o meu mellor modelo, e seguramente o actualice nalgún momento, pero si xa estaba aceptado antes, e simplemente actualicei a sua posicion e as imaxes do terreno, que ten de malo agora que antes non tiña??.

...
Estado: Non aceptado



???????!!!....  este modelo foi aceptado en Marzo de este mesmo ano, e so cambiou a posición e as imaxes do terreno....  igual se refiren ás súas propias imaxes co de "textura fotográfica inacabada"...  ?!

...
Motivo: Es necesario dividir el modelo en modelos independientes (enlace a: "busca ti mesmo a explicación")
Estado: Non aceptado


Parafraseando a Mourinho: Por qué????..... o modelo só pesa 1Mb,... cal é o problema?que hai varios edificios?,... pódenmo repetir outra vez?, outra vez?, outra vez?, outra máis por favor, e outra?, outra máis? .... non sei creo que vou necesitar outra, ... como era iso de dividir o modelo? podémo repetir de novo?... non sei, non o acabo de ver... cal é o problema???


...
Motivo: Es necesario dividir el modelo en modelos independientes (enlace a: "sigue buscando")
Estado: Non aceptado


Este modelo pesa só 691 Mb!!!! ... por favor!!!!
...
...

Sendo sincero, estou máis que molesto e bastante decepcionado. O traballo que fago con estos modelos é completamente altruísta, ter que repetir e correxir o traballo de anos cada vez que se actualizan as imaxes xa é un incordio o suficientemente grande como para ainda por riba ter que soportar este tipo de valoracións que considero aleatorias, inxustas e incoherentes 

Entendo que existan uns criterios de aceptación, entendo que é necesario filtrar os modelos, agradezo a oportunidade de apelar as decisións que google ofrece (fareino, en canto se me pase a frustración que sinto)... simplemente pido un pouco de coherencia. Si os modelos levaban anos aceptados na capa 0, cal é o motivo para que sin que cambien substancialmente agora sexan rexeitados. 

Resulta cando menos sorprendente que os mesmos criterios que invalidan os meus traballos, premian modelos como éste, éste, éste ou éste outro... todos eles felizmente aceptados e visibles na capa 0 de Google Earth. Sin menospreciar en absoluto o traballo do seu autor, por suposto, do que non coñezo nin as ciscustancias nin as intencións (useinos de exemplo pola súa proximidade xeográfica). A miña crítica e peticion vai dirixida exclusívamente aos responsables da valoración e revisón dos modelos.... símplemente unha cousa: COHERENCIA

Todo este tema, xunto con outras cousas, estáme decepcionando bastante. Resulta moi frustrante ter que estar lidiando con este tipo de cousas cando ves que hai unha disparidade de criterios tan grande. Non vivo de facer isto, fagoo porque quero e porque me gusta, pero todo isto desanima máis do que esperaba.

Desculpade polo tostón, si é que seguides ahí ainda. Simplemente quería reflectir con claridade o meu parecer e a miña opinión. Vou desconectar uns días para descansar. Espero voltar pronto, cando xunte de novo as forzas necesarias, que ideas e plans non me faltan.

Desculpade de novo e graciñas.


Saudos a todos.


Anxo

miércoles, 11 de mayo de 2011

Unha de cal e outra de area... (1/2)

Boas de novo a todos. Estos días traen bastantes novidades, algunhas boas, outras moi boas, pero como non todo vai ser cor de rosa, pois tamén temos un lado negativo. Aviso que a de hoxe vai ser unha publicación bastante longa, así que mellor poñedevos comodos... ;)

Como hai moito que contar, o mellor é ir por partes, e imos comezar co malo: 

Despois da perda do meu antigo ordenador, que decidiu xubilarse definitivamente fai un tempo, a a miña labor de modelando mermou casi completamente, a non ser polo modelo da Casa Danzante de Praga. Dende aquela pouco fixen, e ademais, debido á actualización (por fin) das imaxes por satélite en Ferrol, houbo un parón no modelado, dando unha tregua á xente de google para que realineasen os modelos que por mor do cambio de imaxes quedaron desalineados.... e aquí é onde comezaron os inconvintes. 

Google realineou 4 modelos dos algo máis de 45 que teño en Ferrol.... e o resto?... pois o resto pedíronme que os alinease eu. Cousa que realmente resulta un fastidio, pero que accedín a facer na medida das miñas posibilidades, xa que un dos ordenadores dos que dispoñía, simplemente xa non estaba. Así e todo, fun alineando a práctica totalidade dos modelos, e aproveitando para actualizar as imaxes de satélite que usei nalgúns deles, sobre todo naqueles que precisaron dunha maior modificación do terreno (debido á precaria representación da topografía da zona en GE). Na metade do proceso houbo un par de acontecementos, que vos contarei máis adiante, que contribuiron a facilitar o traballo, polo que a día de hoxe prácticamente o 80% dos modelos de Ferrol da miña autoría están realineados e actualizados. Pero foi precisamente agora cando os señores de Google decidiron dar o golpe de gracia.... 

Dos modelos realineados, todos previamente aceptados na capa 0 de GE (algún dende fai anos), hoxe notificáronme que hai 2 (polo de agora) que foron rexeitados. Modelos que antes estaban aceptados, agora non o están. E iso que o único que fixen foi correxir a súa ubicación e actualizar as imaxes de satélite que usei para as texturas. Os dous modelos "nominados" son A Sala de Armas do Arsenal (o que sae no banner do blog) e A Dársena de Curuxeiras do porto de Ferrol, outro dos meus modelos clásicos. 

Entre os motivos, común aos dous, está un suposto exceso na alteración do terreno. Feito que non cambiou dende a anterior aceptación e que ademais considero sobradamente necesario polo que comentaba anteriormente sobre a precariedade da representación topografica que hai na zona de Ferrol en Google Earth. Así que non entendo que se alegue iso como motivo para rexeitar o modelo. Outro motivo é (no caso da dársena de Curuxeiras) que o modelo é demasiado grande por culpa dos complementos. Non engadín nada, así que tampouco acabo de comprender porqué antes valía e agora non. 

A cuestión é que despois de ter que realinear case todos os meus modelos resulta de un fastidio bastante notable (por non dicir outra cousa) que agora os rexeiten. Sendo sincero, cousas como estas desaniman a un, sobre todo tendo en conta que o traballo que facemos os modeladores coma min é absolutamente desinteresado. De tódolos xeitos, e así que se me pase o momento "contrariado", recurirei a decisión a ver si, como en outras ocasións, funciona e a reconsideran. Ainda que polo de agora vou deixar pasar un par de días... por si deciden "nominar" algún modelo máis.

Por sorte, e como xa dicia ao principio, non todo foi malo...  na próxima ocasión contareivos porqué, a pesar disto, estou considerablemente animado coa volta ao modelado 3D. Por hoxe xa chega, que tampouco é cuestión agobiar. Mañá toca a parte boa.

Saudos a todos, e graciñas por ler o tostón éste que acabo de soltar! ;)


Anxo

sábado, 7 de mayo de 2011

.... preparando o retorno.

Despois dun tempo en "stand by" estou a piques de retornar á labor.... e veño con algunha novidade e equipamento novo!!

Na seguinte publicación contareivos a todos un pouco máis... espero que sigades ahí .. ;)

Saudos!