viernes, 27 de enero de 2012

WIP. A Catedral de Santiago de Compostela. Avanzando pola Quintana



Aquí estou de novo cuns cantos avances no modelado da Catedral de Santiago. Continúo progresando pola parte posterior do complexo catedralicio, na zona do ábside e as capelas que da á Praza da Quintana. Está prácticamente rematada a capela da Virxe do Pilar, unha das máis destacadas das que se atopan na cabeceira, xusto xunto a torre da Berenguela. Como podedes ver nas seguintes imaxes, falta algunha textura, pero pódese apreciar o detalle da linterna da capela e que engadín encima do teito do ábside (detras do cimborrio) un pequeno modelo do Agnus Dei que alí se encontra :



Tamén avancei coas fachadas posteriores. A parte comprendida entra a torre da Berenguela e a capela da Virxe do Pilar que da á zona coñecida como a Praza dos Literatos, xa está rematada. Tamén está avanzada a fachada da Quintana de Mortos, onde se atopa a Porta Santa. Deixo xa a continuación as acostumadas imaxes de tal e como vai o modelado nestes momentos onde poderedes apreciar que tamén cambiei a textura das cubertas de pedra das naves da catedral, xa que na imaxe de GE non se apreciaba suficientemente a morfoloxía característica que teñen. Tamén poderedes ver a Porta Santa xa rematada.






E ata aquí por hoxe. Agora, e seguindo a orde, continuarei coa parte da Quintana de Vivos e o resto de capelas da cabeceira, incluida a Corticela. Espero que vos guste como vai quedando.

Saudos ;)


Anxo

martes, 17 de enero de 2012

WIP. A Catedral de Santiago de Compostela. Avance ralentizado.

Saudos a todos de novo, despois dunha longa (moi longa) pausa, volvo de novo para decir que sigo aquí, que non teño tanto tempo como quixera para poder modelar pero que dentro das miñas limitacións, retomo o traballo coa Catedral de Santiago.


O avance foi pouco ao respecto da última actualización, xa fai uns meses, así que non me vou extender moito. A Torre da Berenguela está case rematada, so falta o remate superior e algúns detalles. Déixovos unhas poucas imaxes dos pequenos avances.





E isto é todo, xa sei que é pouco, como xa dixen, non dispoño de moito tempo nestes momentos. Como polo de agora non teño moitas máis novidades, vouno deixar aquí por hoxe. Quixera ter máis que mostrarvos, pero salvo alguns modelos esporádicos pouco máis puiden traballar neste tempo. Xa sei que a cousa vai lenta e temo que non poderei acelerar o ritmo polo de agora, así que ainda que prometo non deixar o traballo, os avances virán con contagotas, sintoo.

Saudos a todos e graciñas pola paciencia.

;)

Anxo