viernes, 27 de enero de 2012

WIP. A Catedral de Santiago de Compostela. Avanzando pola Quintana



Aquí estou de novo cuns cantos avances no modelado da Catedral de Santiago. Continúo progresando pola parte posterior do complexo catedralicio, na zona do ábside e as capelas que da á Praza da Quintana. Está prácticamente rematada a capela da Virxe do Pilar, unha das máis destacadas das que se atopan na cabeceira, xusto xunto a torre da Berenguela. Como podedes ver nas seguintes imaxes, falta algunha textura, pero pódese apreciar o detalle da linterna da capela e que engadín encima do teito do ábside (detras do cimborrio) un pequeno modelo do Agnus Dei que alí se encontra :



Tamén avancei coas fachadas posteriores. A parte comprendida entra a torre da Berenguela e a capela da Virxe do Pilar que da á zona coñecida como a Praza dos Literatos, xa está rematada. Tamén está avanzada a fachada da Quintana de Mortos, onde se atopa a Porta Santa. Deixo xa a continuación as acostumadas imaxes de tal e como vai o modelado nestes momentos onde poderedes apreciar que tamén cambiei a textura das cubertas de pedra das naves da catedral, xa que na imaxe de GE non se apreciaba suficientemente a morfoloxía característica que teñen. Tamén poderedes ver a Porta Santa xa rematada.






E ata aquí por hoxe. Agora, e seguindo a orde, continuarei coa parte da Quintana de Vivos e o resto de capelas da cabeceira, incluida a Corticela. Espero que vos guste como vai quedando.

Saudos ;)


Anxo

2 comentarios:

A Republica dijo...

ANXO, GENIAL! ERES MUY BUENO.
´

PAZ SIEIRO dijo...

Hola Anxo, son Carlos de Ourense ainda que vivo en Santiago de Compostela. Temos un interese común, o 3D, gústame o teu traballo coa catedral, hai moitas hora metidas co ordenador.

Se queres botarlle un ollo aos meus traballos, pasa polo meu blog:

www.works-3d.blogspot.com

Un saudo.