martes, 6 de marzo de 2012

WIP. A Catedral de Santiago de Compostela. Avances co Pazo de Xelmirez e o Códice Calixtino.

Houbo bastantes avances dende a última vez que publiquei sobre o modelo da Catedral de Santiago. A parte de que o modelado avanzou pola zona do Pazo de Xelmirez e pódese dicir que o volume xeral de todo o conxunto catedralicio está prácticamente definido, comecei a facer probas de renderizado sobre as partes xa máis avanzadas que requeriron de algúns axustes e algún modelado extra e dos que falarei maís tarde. Ademáis de todo isto, incluín un pequeno "ovo de pascua" agochado nalgún punto de todo o edificio.

Pero imos por partes, nesta publicación falarei dos avances co modelado e deixarei o tema das probas de renderizado para outra. Aquí vos deixo unha imaxe que da idea dos avances do modelado pola zona do Pazo de Xelmirez e na que sa xe adivina o volume case definitivo de todo o conxunto, a falta de engadir algunha capela, a Fachada da Acibechería e os detalles finais.


Tamén probei a contextualizar un pouco máis o modelo e engadín un ceo gris, moi propio da cidade de Santiago para darlle un pouco máis de autenticidade ao modelo, como podedes ver nas seguintes imaxes extraidas tamén do SketchUp:






Ademáis de todo isto, e como comentaba antes, tomeime a licencia de recrear a escala real o desaparecido (sic) Códice Calixtino e escondelo nalgún punto do complexo catedralicio, engadindo así un pequeno aliciente e retándovos a todos a atopalo no momento no que o modelo quede publicado en Google Earth. Polo de agora so vou deixar unha imaxe, para que polo menos teñades unha idea do que hai que buscar. :)


Como xa dixen, nunha próxima publicación falarei das probas de renderizado que fixen utilizando Artlantis sobre as partes máis avanzadas do modelo e que requeriron algúns traballos extra dos que darei conta no seu momento.

Polo de agora isto é todo.

Saudos ;)

Anxo

1 comentario:

PAZ SIEIRO dijo...

Anxo, realmente estás facendo un gran traballo coa Catedral de Stgo. Eu tengo a megalomanía en cando aos modelos, pero creo que xamáis me atrevería coa Catedral, sobre todo pola complexidade do modelado das partas orgánicas. Recoméndoche "Octane Render" se queres facer renderizados de moi alta calidade, para o meu gusto este software é mello que Vray e está á altura de Maxwell Render.

Unha aperta.