martes, 31 de agosto de 2010

Novo modelo actualizado. O Castelo de San Felipe.

Como vos comentaba na publicación anterior, o problema co servidor API foi solucionado, e finalmente puiden actualizar o antigo modelo do Castelo de San Felipe que tiña en espera. Así que como xa publiquei sobre o dito modelo en cuestión, pouco direi sobre o mesmo que non teña dito xa. Modelo anticuado que necesitaba urxentemente unha actualización e que ao final realicei bastante sastifactóriamente, polo menos ao meu parecer, jeje.

Sen máis preámbulos, aquí vos deixo o modelo e algúnhas imaxes:


Enlace na Galería 3D: Castelo de San Felipe

E agora un par de imaxes co modelo en GE:




Bueno, ao final foron 3, ... :P

Espero que vos guste o modelo, estou bastante satisfeito con el e agardo que o sentimento sexa compartido e que o desfrutedes.

Saudos a todos! ;)

Anxo

Problema solucionado!!!!

Pois si, parece que o problema co servidor API de Google Maps que impedia subir, actualizar e editar modelos da galería 3D foi solucionado por fin!.... Así que todos os que estábamos afectados xa podemos volver a traballar e compartir os nosos modelos como Deus manda... :)

Para que vexades, en breve porei unha mostra ... ;)

Anxo

Modelo actualizado. Castelo de San Felipe. (esperando)

Ola a todos,

Recéntemente realicei unha actualización bastante importante dun dos meus primeiros modelos na Galería 3D, o Castelo de San Felipe.


Era un modelo bastante antigo que pedía a gritos ser mellorado, así que me puxen mans á obra intentando poñelo ao nivel do resto de modelos que fixen últimamente. Para que podades comparar, o estado do modelo orixinal era este:



Podedes ver que carecía completamente de texturas fotográficas, e os volumes eran simplemente aproximados e bastante toscos, (nótase a inexperiencia daqueles primeiros modelos, jejeje)



Despois dunhas cantas horas de traballo e remodelado creo que o resultado final mereceu a pena. O modelo é bastante grande e resultou un pouco máis laborioso do que pensaba nun principio, xa que prácticamente houbo que refacer todo e crear e aplicar texturas novas, pero finalmente aquí tedes unha mostra do resultado:





Como xa vos comentei, hai un problema co servidor API de Google Maps que non me permite subir novos modelos á galería 3D, nin actualizar tampouco modelos antigos. Así que estas imaxes son o único que vos podo mostrar do modelo polo de agora.





E ata aquí todo polo de agora. Espero que se solucione pronto o problema co servidor de Google e así poder publicar o modelo como se merece, xa que resulta bastante frustrante non poder compartir este traballo con todo o mundo tal e como me gustaría.

Saudos ;)


Anxo

lunes, 30 de agosto de 2010

O servidor API está de "non"



Pois iso, que sigo co mesmo problema, non son capaz de subir ningún novo modelo á miña conta da Galería 3D. Levo xa varios días intentado e probando cousas diferentes... sen nigún resultado. O que é completamente lóxico, porque parece que o problema non está no meu ordenador nin a solución ao meu alcance. Non son o único que experimenta este problema, basta facer unha busca en Google para comprobar que somos moitos os que temos o mesmo problema. Preguntando no sitio correcto, din os responsables que están intentando solucionar o problema...

Confiemos en que así sexa, e que non tarden moito.

Mentres tanto so nos queda esperar.


Anxo

viernes, 27 de agosto de 2010

Cambio de imaxe

Pois iso, como polo de agora ainda non se solucionou o problema que vos comentaba na publicación anterior, decidín cambiar un pouco o aspecto do blog... ainda falta pulir algúnhas cousas, pero agora e máis clariño, máis grande e de lectura máis facil. Espero que vos agrade.

Saudossss

"Subida Interruptus"

Ola a todos, 

Toca queixarse un pouco, xa se sabe, una de cal e unha de area. Pois ben, hoxe tocou area... levo todo o día intentando infructuósamente subir un novo modelo á Galería 3D (para ser exactos direi que se trata da reedición-actualización dun modelo antigo). A cuestión é que cando intento compartir o modelo, tan pronto SketchUp intenta acceder á galería, aparece unha mensaxe de advertencia tal cual esta:


Obviando a advertencia (non vaia ser calquera cousa), ao final ábrese a consabida fiestra para introducir os detalles do modelo, feito o cal efectuo a subida do modelo en si... pero, (Oh!, que curioso), tras unha serie de:...

... o modelo quédase onde está, e dicir, no meu ordenador... iso si, a miniatura e os detalles si aparecen actualizados na Galería 3D (en plan recochineo, jejeje), vamos, que a advertencia do principio ia en serio. Gracias a axuda do gran modelador e mellor amigo Alsomar, presupoñemos infinidade de posibles causas a este inconvinte inesperado.... non as vou enumerar todas para non aburrir....  A cuestión é que despois de probar varias solucións e varias intentonas de re-subida non fumos capaces de descubrir que pasaba coa inesperada e reiterativa "subida interruptus". 

Pero o problema non se queda ahí.... supoñíamos que podía ser por mor do modelo que intentaba re-subir, pero resulta que non podo subir ningún modelo, nin tan sequera un novo, e por se fose pouco, o mesmo erro de Google Maps API denegando o "cliente" especificado aparace na propia Galería 3D cando intento editar os detalles dalgún dos meus propios modelos... ?!!?!!

O caso é que non sei se isto se debe a algo particular do meu propio ordenador (non o creo) ou que o problema está na miña conta de Google.... ou tal vez sexa algo máis extendido. Sodes vos capaces de subir ou editar modelos na vosa conta 3D???

Mañá vouno intentar de novo a ver se a cousa é pasaxeira... pero mentres tanto non poderei subir novos modelos á conta. Así que estou nun estado de "paro forzoso" mentres non consiga solucionar o asunto. Iso si, podo deixarvos unha imaxe do que sería xa o meu novo modelo se non tivese este pequeno contratempo.


Ains!... co bonito que quedou!.... Bueno, a ver se teño boas noticias pronto e se amaña o problemiña éste. Mantereivos informados de como vai a cousa, ainda que estes días estou liado con outros asuntos.

Graciñas de novo pola túa axuda desinteresada Alejandro!!, con amigos así da gusto andar polo mundiño este.... :)


Saudos a todos!!! ;)


Anxo 

lunes, 16 de agosto de 2010

Novo Modelo. Museo Naval de Ferrol

Ola de novo a todos,

Por fin rematei un novo modelo. Trátase do Museo Naval de Ferrol e a residencia do Comandante Xeral do Arsenal, que forman parte do conxunto de edificacións que hai na parte norte do Arsenal, xunto aos diques. O Museo Naval está situado no antigo edificio do Penal de San Campio, antiga prisión do Arsenal construida no século XVIII.




A residencia do Comandante Xeral do Arsenal sitúase nun edificio anexo ao antigo penal, que foi construido igualmente no século XVIII como residencia do Constructor e Xefe de Maestranzas do Arsenal. E que se atopa unido a través dunha pasarela coas oficinas da Comandancia Xeral, situadas na antiga Teneduría.



Os dous edificios sepáranse da Teneduría por un longo patio, coñecido como "Patio das Áncoras", que alberga unha colección de áncoras de distintos tipos pertencentes aos fondos do museo e que fai de entrada ao mesmo.

O modelo:

O modelo abarca os dous edificios mencionados, que se encontran situados entre a antiga Teneduría e a Porta do Dique, completando en parte o conxunto de edificacións situadas na zona do Dique da Campana.


Enlace na Galería 3D: Museo Naval de Ferrol

E agora deixo as acostumadas imaxes do modelo no seu contexto.







E polo de agora é todo, agardo que vos guste e espero volver pronto con máis cousas.

Un saudo  ;)

jueves, 5 de agosto de 2010

Preparando novos modelos

Ola a todo o mundo. Estou en plena tarefa de documentación para próximos modelos, agora que teño un pouquiño máis de tempo para modelar. Tamén estou metido noutro proxecto bastante máis grande e ambicioso do que falarei pronto. É unha cousa a longo prazo na que me embarquei e da que darei boa conta no seu momento, pode ser que incluso mereza un blog propio.... vouno pensar.

Espero ter pronto algo que ensinarvos, xa que polo de agora simplemente estou recopilando información e fotografías para os futuros traballos. Por certo, non quero deixar pasar a oportunidade para agradecer a xente como Romarintyp o seu magnífico traballo fotográfico que tantas veces o quitan a un de un apuro á hora de buscar unha textura. Que o recoñecemento sexa extensivo a todos aqueles aos que algunha vez pedin prestada unha foto para poder facer algún dos meus modelos.... Graciñas :). Que sería de nos sen Flickr, Panoramio ou Google Images.... 

En breve máis...


Saudos a todos!... ;)