miércoles, 28 de marzo de 2012

WIP. A Catedral de Santiago de Compostela. Xogando con Artlantis.

Máis vale tarde que nunca!, aquí traio os renders que prometín na anterior publicación. Son renders de proba sobre o modelo todavía sen rematar e tal e como poderedes observar, teñen moito de provisionais, tanto na edicion das texturas cono no propio modelado dos elementos e os detalles. Hai que ter en conta que o modelo está pensado para Google Earth, coas limitacións que iso require. O traballo vai encamiñado a crear 2 versións do modelo, unha máis sinxela (que non incluirá o interior) para Google Earth, e outra moito máis completa e detallada para facer renders de moita máis calidade e para outros usos e que ainda está pouco definida (as cubertas e os tellados, por exemplo, son ainda lisos e utilizan como textura a imaxe de satélite de Google). 

Dito isto, os renders que realicei están feitos sobre un "híbrido" destas 2 versións, de aí o de provisionais, pero dan unha idea de por onde van os tiros. Foron realizados con Artlantis, un programiña de renderizado de facil manexo, do que xa falei nalgunha ocasión e co que se obteñen uns resultados bastante aceptables. E xa sen máis preámbulos, aquí tedes as imaxes en cuestión, lembrade como sempre, que pinchando poderedes velas con mellor calidade.

Fachada do Obradoiro:


Claustro:




Praza de Praterías:



Torre da Berenguela:



Fachada do Obradoiro (bis):



Interior (Pórtico da Gloria e nave central):








E como propina, un contraluz do cimborrio e as cubertas da catedral co fogonazo do sol, que sempre lle da un aquel ...



E isto é todo. Como proba non está mal non?,  espero que vos gustase.... :)

Agora todavía queda bastante traballo de modelado por diante que intentarei ir levando aos poucos cando o tempo e outras ocupacións o permitan.


Saudos,


Anxo

martes, 6 de marzo de 2012

WIP. A Catedral de Santiago de Compostela. Avances co Pazo de Xelmirez e o Códice Calixtino.

Houbo bastantes avances dende a última vez que publiquei sobre o modelo da Catedral de Santiago. A parte de que o modelado avanzou pola zona do Pazo de Xelmirez e pódese dicir que o volume xeral de todo o conxunto catedralicio está prácticamente definido, comecei a facer probas de renderizado sobre as partes xa máis avanzadas que requeriron de algúns axustes e algún modelado extra e dos que falarei maís tarde. Ademáis de todo isto, incluín un pequeno "ovo de pascua" agochado nalgún punto de todo o edificio.

Pero imos por partes, nesta publicación falarei dos avances co modelado e deixarei o tema das probas de renderizado para outra. Aquí vos deixo unha imaxe que da idea dos avances do modelado pola zona do Pazo de Xelmirez e na que sa xe adivina o volume case definitivo de todo o conxunto, a falta de engadir algunha capela, a Fachada da Acibechería e os detalles finais.


Tamén probei a contextualizar un pouco máis o modelo e engadín un ceo gris, moi propio da cidade de Santiago para darlle un pouco máis de autenticidade ao modelo, como podedes ver nas seguintes imaxes extraidas tamén do SketchUp:






Ademáis de todo isto, e como comentaba antes, tomeime a licencia de recrear a escala real o desaparecido (sic) Códice Calixtino e escondelo nalgún punto do complexo catedralicio, engadindo así un pequeno aliciente e retándovos a todos a atopalo no momento no que o modelo quede publicado en Google Earth. Polo de agora so vou deixar unha imaxe, para que polo menos teñades unha idea do que hai que buscar. :)


Como xa dixen, nunha próxima publicación falarei das probas de renderizado que fixen utilizando Artlantis sobre as partes máis avanzadas do modelo e que requeriron algúns traballos extra dos que darei conta no seu momento.

Polo de agora isto é todo.

Saudos ;)

Anxo