viernes, 27 de agosto de 2010

"Subida Interruptus"

Ola a todos, 

Toca queixarse un pouco, xa se sabe, una de cal e unha de area. Pois ben, hoxe tocou area... levo todo o día intentando infructuósamente subir un novo modelo á Galería 3D (para ser exactos direi que se trata da reedición-actualización dun modelo antigo). A cuestión é que cando intento compartir o modelo, tan pronto SketchUp intenta acceder á galería, aparece unha mensaxe de advertencia tal cual esta:


Obviando a advertencia (non vaia ser calquera cousa), ao final ábrese a consabida fiestra para introducir os detalles do modelo, feito o cal efectuo a subida do modelo en si... pero, (Oh!, que curioso), tras unha serie de:...

... o modelo quédase onde está, e dicir, no meu ordenador... iso si, a miniatura e os detalles si aparecen actualizados na Galería 3D (en plan recochineo, jejeje), vamos, que a advertencia do principio ia en serio. Gracias a axuda do gran modelador e mellor amigo Alsomar, presupoñemos infinidade de posibles causas a este inconvinte inesperado.... non as vou enumerar todas para non aburrir....  A cuestión é que despois de probar varias solucións e varias intentonas de re-subida non fumos capaces de descubrir que pasaba coa inesperada e reiterativa "subida interruptus". 

Pero o problema non se queda ahí.... supoñíamos que podía ser por mor do modelo que intentaba re-subir, pero resulta que non podo subir ningún modelo, nin tan sequera un novo, e por se fose pouco, o mesmo erro de Google Maps API denegando o "cliente" especificado aparace na propia Galería 3D cando intento editar os detalles dalgún dos meus propios modelos... ?!!?!!

O caso é que non sei se isto se debe a algo particular do meu propio ordenador (non o creo) ou que o problema está na miña conta de Google.... ou tal vez sexa algo máis extendido. Sodes vos capaces de subir ou editar modelos na vosa conta 3D???

Mañá vouno intentar de novo a ver se a cousa é pasaxeira... pero mentres tanto non poderei subir novos modelos á conta. Así que estou nun estado de "paro forzoso" mentres non consiga solucionar o asunto. Iso si, podo deixarvos unha imaxe do que sería xa o meu novo modelo se non tivese este pequeno contratempo.


Ains!... co bonito que quedou!.... Bueno, a ver se teño boas noticias pronto e se amaña o problemiña éste. Mantereivos informados de como vai a cousa, ainda que estes días estou liado con outros asuntos.

Graciñas de novo pola túa axuda desinteresada Alejandro!!, con amigos así da gusto andar polo mundiño este.... :)


Saudos a todos!!! ;)


Anxo 

2 comentarios:

Armesto dijo...

Ola! Acabo de subir eu un modelo de proba á Galería 3D e non tiven problema. Espero que xa estea solucionado o problema. Por certo, o modelo do Castelo de San Felipe (se non me equivoco) quedou realmente ben! Asemella ser un traballo dos difíciles, aparte.
Sorte ca Galería!

Trasancos dijo...

Moi boas Andrés!, non te equivocas, é o Castelo de San Felipe... pero ahí se quedou, non podo subir nada ainda. Mañá vou intentar unha nova estratexia dende outro ordenador e outra IP, a ver se así. Pero polo de agora nada, debe haber algún erro na miña conta ou algo. Graciñas polo interese meu!

Saudos! ;)