martes, 15 de febrero de 2011

Novo modelo. Máis edificios no Paseo da Mariña

Ola de novo. Estou en racha e non quero desaproveitalo, así que como non quería deixar o modelo anterior tan solitario, modelei un par de compañeiros. Son un par de edificios anexos ao anterior, sendo un deles a sede da Asociación de Veciños do barrio de Ferrol Vello. Outra peza na fachada marítima que da ao peirao de Curuxeiras.


O modelo comprende os dous edificios e o traballo resultou moito máis sinxelo debido á configuración simple dos mesmos.



A imaxe do seu compañeiro de maior altura, o edificio da Asociación de Veciños tamén está construido sobre unha das rúas do barrio, neste caso a pequena rúa do Curro. 



E como non, as acostumadas imaxes do modelo en Google Earth:




E ata aquí polo de agora. Creo que vou seguir modelando por esta zona da cidade no futuro próximo, aínda que teño máis modelos na cabeza por outros lares. Veremos por onde saio a próxima vez... ;)

Saudos!

Anxo




2 comentarios:

Andrés Armesto Cortiña dijo...

Moi monos todos eles!

Un saúdo ;)

Trasancos dijo...

Graciñas Andrés!, sei que che debo unhas árbores ahí... non teño excusa, son un desastriño!.. :-/