Despois de publicar onte o modelo da pasarela atirantada do porto de Ferrol, veume á memoria a Ponte 25 de Abril, que é un dos modelos que realicei en imaxefree.com.
Un pouco de historia...
A Ponte 25 de Abril é unha ponte colgante que cruza o estuario do rio 'Tejo' na cidade de Lisboa. Foi o dictador Salazar o que ordenou as súa construcción no ano 1960, comezando a mesma o 5 de Novembro de 1962 e sendo inaugurado o 6 de Agosto de 1966. Foi a mesma empresa que fixo o Golden Gate de San Francisco a que se encargou da súa construcción. Orixinalmente foi denominado como Ponte Salazar, ainda que dende a Revolución do 25 de abril de 1974, que restaurou a democracia en Portugal, pasou a ter a súa actual denominación. Con case 2 km de longo, a construcción de aceiro exténdese unindo a beira sur, Almada, coa norte, Lisboa. A parte inferior remodelouse posteriormente para albergar vias de tren.
Foto: Marina C. Ribeiro
O modelo:
É un dos modelos máis grandes que realicei polo de agora, pero ainda así tratei de manter o nivel de detalle o máis elevado posible. Actualmente é o modelo escollido por Google Earth para a capa 3D do programa.
E as acostumadas imaxes do modelo en Google Earth, onde ademais se poden ver a multitude de modelos 3D cos que conta a fermosísima cidade de Lisboa.
Espero que vos guste...
Saudos ;)
No hay comentarios:
Publicar un comentario