lunes, 31 de mayo de 2010

Un descansiño...

Primeiro de todo, graciñas a todos!... síntome moi alagado polas felicitacións e os comentarios (e un pouco abrumado tamén). Como xa dixen, hai moita xente que merecería recoñecementos como este máis ca min. Polo menos espero que esta pequena irrupción mediatica sirva para que se recoñeza o traballo de todos os modeladores que de xeito altruista e grazas ás súas creacións fan de Google Earth o que é.

Quero lembrar a todos aqueles modeladores que tamén "pintan Galiza en 3D" e aos que non se lles recoñeceu como é debido o seu traballo; sodes moitos, e non fago mención expresa de ningún por temor a  deixar inxustamente fora a alguén, pero creo que conseguín reunirvos a case todos nesta modesta colección (desculpade se falta alguén). Non me vai moito esto de dar descursos de agradecemento e tal... pero grazas polo voso traballo!

Pois iso, que despois de todo o asúnto este da inesperada aparición periodística, voume tomar un descansiño para atender algúns asuntos que requiren da miña atención. Voltarei pronto (moi pronto) con novos modelos. Ao mellor deixo algúnha publicación automática programada, pero non temades si observades que hai pouca actividade polo blog durante uns días... estarei de novo por aquí para seguir dando a tabarra cos meus modelos ;)

Vémonos pronto!

Saudos ;)


Anxo

No hay comentarios: