miércoles, 9 de junio de 2010

De volta con novo modelo!

Ola a todos!

Xa estou de regreso despois dunha pequena pausa, e volvo cun novo modelo que estou elaborando. Trátase do Baluarte de San Xoan no porto de Ferrol... 




Polo de agora non o modelo está nunha fase bastante inicial... parte da volumetría, algunha textura e algún arboliño, pero pouco máis. O que si é destacable é a importante modificación do terreno que é necesaria para conseguir encaixar o modelo en Google Earth. Deixo aquí unhas imaxes de como vai quedando...







Xa vedes que a cousa está ainda bastante verde.... espero subir máis acutalizacións pronto.

Graciñas por seguir aí!!  ;)

Saudos


Anxo

No hay comentarios: