Un pouco de historia...
O baluarte de San Xoan no porto de Ferrol forma parte das antigas murallas defensivas da cidade, construidas no século XVIII. Dende el hai unhas fermosas vistas da ría e do porto ferrolán, o que o converte nun lugar habitual de turistas e paseantes. Actualmente esta sendo acondicionado para albergar un centro de información e interpretación da cidade histórica de Ferrol.
No seu xardín interior pódese atopar un monumento adicado aos Heroes de Brión, que defenderon victoriosamente a cidade de Ferrol dos ingleses na batalla que tivo lugar no mes de agosto do ano 1800.
O modelo:
O modelo, ainda que sinxelo, requeriu unha modificación bastante grande do terreno para poder adaptalo á orografía de Google Earth, polo que ten unha extensión considerable.
Enlace na galería 3D: Baluarte de San Xoan
O modelo final incluo detalles como o monumento aos Heroes de Brión, e algúns dos árbores e vexetación máis significativa do xardín. Aquí tedes algunhas imaxes:
Como sempre, espero que vos guste...
Saudos ;)
Anxo
No hay comentarios:
Publicar un comentario