Aquí está o novo modelo!, é unha pasarela peonil recentemente inaugurada en Ferrol. Utilicei o complemento "Shape Bender" para conseguir o peculiar e sinuoso percorrido da pasarela. É moi recomendable botarlle un vistazo a este magnífico complemento creado por Chris Fullmer, que permite obter grandes resultados dun xeito sinxelo. Podedes tamén botar un ollo a esta publicación no Blog Oficial de SketchUp que fala sobre este complemento.
A pasarela de estructura metálica e soportada por cables atirantados foi deseñada polo enxeñeiro António González Serrano. Ten uns 250 metros se percorrido e foi inaugurada o pasado 28 de Abril deste mesmo ano.
Foto: Anxo Miján
O modelo:
Para a realización deste modelo utilicei por primeira vez o complemento Shape Bender, tal e como dixen antes, o que resultou de moita utilidade. Hai dúas plataformas de arranque en cada un dos extremos da pasarela con diverso mobiliario urbán, pero debido a configuración do terreno en Google Earth, un dos extremos queda "enterrado", polo que finalmente decidín modelar só unha das plataformas de arranque. Tal vez nun futuro (si o terreno é actualizado) faga algúnhas modificacións para mellorar o modelo.
Enlace na galeria 3D: Pasarela do Porto de Ferrol
A continuación deixo as imaxes de costume.
Espero que vos guste.
Un saudo ;)
1 comentario:
Dentro de poco, sacarás los modelos en Google antes de que estén terminados en la realidad... crack.
Publicar un comentario