Ola a todos,
Recéntemente realicei unha actualización bastante importante dun dos meus primeiros modelos na Galería 3D, o Castelo de San Felipe.
Era un modelo bastante antigo que pedía a gritos ser mellorado, así que me puxen mans á obra intentando poñelo ao nivel do resto de modelos que fixen últimamente. Para que podades comparar, o estado do modelo orixinal era este:
Era un modelo bastante antigo que pedía a gritos ser mellorado, así que me puxen mans á obra intentando poñelo ao nivel do resto de modelos que fixen últimamente. Para que podades comparar, o estado do modelo orixinal era este:
Podedes ver que carecía completamente de texturas fotográficas, e os volumes eran simplemente aproximados e bastante toscos, (nótase a inexperiencia daqueles primeiros modelos, jejeje)
Despois dunhas cantas horas de traballo e remodelado creo que o resultado final mereceu a pena. O modelo é bastante grande e resultou un pouco máis laborioso do que pensaba nun principio, xa que prácticamente houbo que refacer todo e crear e aplicar texturas novas, pero finalmente aquí tedes unha mostra do resultado:
Como xa vos comentei, hai un problema co servidor API de Google Maps que non me permite subir novos modelos á galería 3D, nin actualizar tampouco modelos antigos. Así que estas imaxes son o único que vos podo mostrar do modelo polo de agora.
E ata aquí todo polo de agora. Espero que se solucione pronto o problema co servidor de Google e así poder publicar o modelo como se merece, xa que resulta bastante frustrante non poder compartir este traballo con todo o mundo tal e como me gustaría.
Saudos ;)
Anxo
5 comentarios:
Boas Anxo!
É unha mágoa o problema da Galería 3D, porque como xa dixen no outro post, o modelo quedou moi ben, estiven 3 veces alí recentemente e polas imaxes, creo que é un resultado realmente profesional. Eu estiven tomando uns días de descanso do SketchUp, pero quero comezar de novo antes de que comece as clases no instituto, ou sexa que xa actualizarei con algo novo. E feliz día do blog!
PD: O deseño, moi discotequeiro, pero séntalle ben xD
Feliz día do Blog a ti tamén Andrés!!... jeje, tes razón que me quedou o deseño un pouco Saturday Night Fever... jajajaja, pero e que non daba atopado un fondo que me convencese de todo, :P
A ver si pa cando os de Google arranxen o asunto dou con algo que me convenza máis.
Un saudo!! ;)
Este si que es un buen trabajo...
Sirve además para poder ver la evolución de tu trabajo. Yo estoy como tu hace unos años y espero evolucionar y logra modelos tan espectaculares como los tuyos.
Un saludo
Gracias Roberto!, me alegro de que te guste. Tus modelos son igual de buenos, no te creas... ;)
Publicar un comentario