Ola de novo a todos,
Por fin rematei un novo modelo. Trátase do Museo Naval de Ferrol e a residencia do Comandante Xeral do Arsenal, que forman parte do conxunto de edificacións que hai na parte norte do Arsenal, xunto aos diques. O Museo Naval está situado no antigo edificio do Penal de San Campio, antiga prisión do Arsenal construida no século XVIII.
A residencia do Comandante Xeral do Arsenal sitúase nun edificio anexo ao antigo penal, que foi construido igualmente no século XVIII como residencia do Constructor e Xefe de Maestranzas do Arsenal. E que se atopa unido a través dunha pasarela coas oficinas da Comandancia Xeral, situadas na antiga Teneduría.
Os dous edificios sepáranse da Teneduría por un longo patio, coñecido como "Patio das Áncoras", que alberga unha colección de áncoras de distintos tipos pertencentes aos fondos do museo e que fai de entrada ao mesmo.
O modelo:
O modelo abarca os dous edificios mencionados, que se encontran situados entre a antiga Teneduría e a Porta do Dique, completando en parte o conxunto de edificacións situadas na zona do Dique da Campana.
Enlace na Galería 3D: Museo Naval de Ferrol
E agora deixo as acostumadas imaxes do modelo no seu contexto.
E polo de agora é todo, agardo que vos guste e espero volver pronto con máis cousas.
Un saudo ;)
1 comentario:
Noraboa Anxo por este novo traballo. Xa sabes que dende este anaco da Costa Artabra estamos a seguirte. Hoxe mesmo pola mañá fun dar unha volta por esas intalacións. Saudos
PIÑO VIDAL
Publicar un comentario