jueves, 30 de septiembre de 2010

De árbores e outras herbas...

Estou nun momento "hictus", ando un pouco liado e non podo atender como quixera a miña labor de modelador 3D, de todas formas non me esquezo deste rinconciño meu e teño na cabeza bastantes ideas e proxectos para novos modelos. Tamén Google se encarga de que non me esqueza dos meus modelos. 

Nunha destas visitas esporádicas que fago de vez en cando pola miña cidade natal en Google Earth botei en falta un modelo que xa levaba colgado e aceptado varios meses. Nada especial, uns árbores ao longo da Rúa Irmandiños de Ferrol. Imaxinade cal foi a miña sorpresa cando descubro que o modelo foi retirado (repito: despois de varios meses colgado) por ser un modelo demasiado complexo...  o modelo en cuestión consta de 517 polígonos e pesa apenas 1 Mb. Sorprendido pola extraña decisión decidín resubir o modelo por iso de tentar a sorte, non vaia a ser que por un erro calquera a cousa fose malinterpretada ou algo. Pero resultei sorprendido dóblemente cando volveron a rexeitar o meu modelo polo mesmo motivo... demasiada complexidade.

Cértamente non me explico onde pode estar o problema, así que decidín dividir o modelo en 2 partes a ver si así vai. Aquí tedes ás dúas partes:



Espero que agora funcione. De todas formas sigo preguntándome o porqué desta decisión por parte da xente de Google. Teño teorías, todas suposicións, sobre os motivos. Pero bueno, esperaremos a ver que deciden respecto aos dous novos modelos.


Como xa dixen, espero voltar pronto con novos modelos, máis novas e proxectos en 3D, pero será un pouco máis adiante. Agora mesmo teño o meu tempo prácticamente ocupado con outros menesteres. Se todo vai ben, regresarei con máis cousas en breve, que ganas non me faltan... :)

Saudos a todos! ;)


Anxo

No hay comentarios: