jueves, 2 de septiembre de 2010

SketchUp 8. Primeiras impresións


Bueno,... despois da estupefacción inicial, conseguín sentarme un momento e darlle un par de voltas rápidas ao novo SketchUp. Podedes ver as novidades resumidas moi ben neste vídeo:



De primeiras, dicir que hai varias cousas que me gustan bastante (con algunha pequena excepción), e tamén hai algunhas cousas que me gustan menos... como o feito de que tan solo os poseedores da versión Pro poderán desfrutar en toda a súa plenitude dos recentemente aparecidos "sólidos", que aforran moitísimo tempo e traballo. 



Ains!, que lle imos facer... tal e como pasaba na versión anterior, só os poseedores da versión de pago desfrutarán tamén do LayOut 3, (algo perfectamente previsible) e do resto de utilidades que antes disfrutaban os usuarios da Pro.

Imos agora coas novidades que todos os demais mortais podemos desfrutar... :)

Para empezar, gústame o novo xeito de xeo-localizar os modelos, sen necesidade de ter Google Earth aberto... directamente ábrese unha fiestra con google maps, que ademais permite unha búsqueda por dirección, e podes selecionar o terreno que che pete para modelar. So vexo unha pega, non podes rotar a selección para alinear a xeometría do edificio coa do terreno seleccionado... o cal pode ser un pouco molesto dependendo da forma do edificio. Un pequeno "fallo" ao que espero atopen unha solución no futuro, ainda que non é moi grave tampouco.

As imaxes do terreno son en cor!!, e ademais a textura do mesmo é por defecto en "proxección" co que prácticamente non temos que importar imaxes de google nin editar o terreno nin as texturas para usalas co noso modelo... simplemente usar o contagotas e pintar... E por se fose pouco, o terreno e moito máis detallado que en SketchUp 7!. Isto encántame, e ademais aforra un montón de tempo.

O que era bastante previsible é o encontro con Building Maker. O desenrolo que tomou o programa de modelado online facia necesario unha ligazón máis directa dende SketchUp que agora se materializou. A verdade é que nunca me gustou moito o Building Maker, pero recoñezo que hai xente que fai maravillas con el.

No referente aos "sólidos", a única utilidade que poderemos utilizar os usuarios da versión gratuita  de SketchUp e a de "Outer Shell", algo así como un "caparazón" que recubre varios grupos ou compoñentes nun so. Algo que pode resultar moi interesante para algunhas cousas. Menos da unha pedra.

Estás son así, as máis destacables ao meu parecer, ainda que non son as únicas!...

Parece que por fin se decidiron a mellorar a ferramenta Match Photo, que tan engorrosa resultaba ás veces. Ainda non tiven oportunidade de probala, pero todo o que sexa mellora será ben recibido.


Mellorouse a fiestra de "Escenas" engandindo unha pequena previsualización de cada unha das escenas que vaiamos creando, o que axuda bastante no recoñecimento a simple vista de cada unha delas.

Agora na fiestra de "Estilos" podemos decidir se queremos ver as aristas ocultas, e o que é mellor, podemos seleccionalas!! :)




Tamén poderemos calcular volúmenes.




Todas as ferramentas de modificación funcionan agora tamén preseleccionando a cara en cuestión que queremos modificar.



Polo de agora non me vou a extender máis, despois dunha mirada rápida (non tiven tempo a meterme a fondo) creo que estou ben contento coas novas melloras... Espero quitarlles todo o partido posible, e que todos vos o fagades tamén... jeje. A gora so falta poñerse man á obra e desfrutar...

Espero voltar pronto cun novo modelo creado dende SketchUp 8!!

Por suposto, para saber máis sobre o tema e investigar pola vosa conta acudide á fonte oficial, onde vos contarán todo con máis propiedade do que o poda facer eu. :P

Saudiños ;)


Anxo

No hay comentarios: