Estou de volta, despois de uns días nos que por diferentes motivos non tiven tempo para dedicarlle ao blog nin a modelar, por fin retomei a labor e comecei un novo modelo. Volvo con ganas, así que escollín o Cuartel de Dolores de Ferrol, con todos os seus arredores, incluindo os restos da antiga muralla e da Porta de Fontelonga, antiga porta marítima da cidade.
Cuartel de Dolores
Porta de Fontelonga
Non sei se ao final terei que dividir o modelo en 2 partes, todo depende do peso que vaia adquirindo, pero en principio vai todo xunto. Polo de pronto hay moi pouca cousa, so algunhas aproximacións de volumen que podedes apreciar na imaxe:
Símplemente acabo de comezar, estou intentando adaptar e crear terreno novo para que se aproxime o máis posible á realidade, xa que nesta zona o desnivel é importante, salvado en gran medida polas antigas murallas. Ademais hai que ter en conta a antiga porta, que ten unha enorme escalinata para descender ao mar. Veremos como se vai solucionando o asunto. Espero voltar pronto con máis avances, xa que, como podedes ver, ainda queda moito que facer.
Un saudo a todos ;)
Anxo
1 comentario:
Boas Trasancos! Botábamoste de menso por este mundo ;)
Pois o modelo ten boa pinta, si. Espero velo pronto rematado. Pásate polo meu blog, tentarei actualizar con algúns novos modelos dentro de pouco, a ver se neste fin de semana traballo!
Un saúdo!
Publicar un comentario